Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2009

O "trasteo" de Chousa e de outros 3

Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFICIAL dos VIANOS DE MEL , que ofrecemos a tódolos que se apunten. Foi " Chousa de Alcandra" : quen me dixo cómo facelo, e que teremos o vindeiro sábado no programa de "Sempre en Galicia", e que nos falará desta iniciativa tan interesante e que desexamos teña unha repercusión importante. Aquí tedes unha foto do tarro de bombóns. Tedes que enviar a vosa solicitude ao correo do blog: semprengalicia@gmail.com Eu procurarei facervos chegar o número, tal e como me explicou "Chousa". Mirade como vai a cousa no seguinte enderezo: http://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/01/trasteo.html Tamén podedes enterarvos mellor nestoutro blog: http://oblodelm.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html Un saúdo cordial a todos os que participades.

Actualización e "Trasteo"

Aos nosos seguidores e a tódolos que estades á espera de que "colguemos" os dous ultimos programas, pedímosvos desculpas, pero causas alleas á nosa vontade impedíronnolo: ESTAMOS TRABALLANDO PARA OFRECERVOS: o do día 14 e do día 21 de febreiro . Xa sabedes que no primeiro (o día 14) tivémola entrevista que lle fixo Xosé Carlos a don Ramón Rey , con motivo da Festa do Percebe. Farémolo posible para que poidades escoitala. O día 21 estivo dirixindo o noso programa "Serxio Seoane" , como ben sabedes aqueles que estivéstedes á escoita, e nos acostumades a seguir mediante a Internet. Foron dúas horas moi entretidas e tivémola sorte de poder facer unha crónica dende Galicia. Conectamos con Puri e Nieves , as responsables do "Mirador da Ribeira" , en Viana do Bolo, onde nos atopabamos varios dos colaboradores deste voso programa e fixémos de corresponsais da "troula" e Entroido que se celebra naquelas terras engaioladoras. Demos a coñecer a excepcional

Actualización e "Trasteo"

Aos nosos seguidores e a tódolos que estades á espera de que "colguemos" os dous ultimos programas : NON PUIDEMOS FACELO, de momento. Probamos de colocar aquí un reproductor de música, para ver se podemos colgar algunhas pezas de música e as grabacións de cada semana. Estamos a probar e traballar para mellorar, se queredes enviarnos algunha suxerencia e métodos para facelo máis accesible, agardamos que nos enviedes as vosas propostas ao nos correo, ou colgando algunha suxerencia ou comentario no propio blog:

7 de febreiro do 2009

O programa de hoxe foi engaiolante. Tiven a honra de face-lo con MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN , o primeiro Director deste " Sempre en Galicia ". Para min foi un pracer especial contar coa súa axuda e prensencia nos estudios. Mágoa para todos nosoutros que por motivos alleos á miña persoa non podo ofrecervos as grabacións do que fixemos. Un problema técnico impediume ter recollida con fidelidade a grabación do programa. Disculpádeme, sinto moito non poder colgar as diferentes intervencións dos entrevistados. Comezamos cunha pequena introducción, dando a coñecer diversas noticias chegadas dende Galicia á nosa redacción. Facémonos eco da toma de posesión da cadeira que ocupaba don Miguel Anxo Araúxo na Real Academia Galega, por parte de Margarida Ledo Andión , ben coñecida de moitos dos nosos oíntes. Damos cumprida lectura de todas elas e deseguida comunicámonos con Galicia para falar con CELSO PARADA , director do Teatro do Morcego . Falamos da obra que se vai a representar no Teatr

31 de XANEIRO do 2009

Esta semana temos moitas informacións e noticias que nos chegan de Galicia. Comezamos puntualmente, coma sempre, coa música-sintonía do programa: Cristina Pato , e deseguida damos cumprida información do que temos pensado facer nestas dúas horiñas de programa. A primeira comunicación con Galicia é para falar con don LISARDO FERNÁNDEZ GÓMEZ , o responsable da Vivenda Rural-Restaurante "A Nosa Casa" , de Viana do Bolo. Mantemos unha pequena conversa moi agradable e ofrécelle a tódolos oíntes a posibilidade de coñecer aquelas terras, aloxándose na " Súa Casa " unha fin de semana con pensión completa por tan só 35€ por persoa e día. Agasallo importante para os que desexen visitar esas terras. Despois dunha lectura apurada de varias informacións e comunicacións que nos chegan á Redacción, conectamos novamente con Galicia, concretamente con JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ VAQUEIRO , o responsable do Hotel-Spa de Santa Mariña da Ponte , peretencente tamén a Viana do Bolo. Aproveitam