Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2010

Ultimo programa do 2010: 18 de decembro

Comezamos coa nosa sintonía de sempre: música de Cristina Pato. Facemos un pequeno adianto das cousas que desexamos realizar ao longo destas dúas horiñas de "radio en galego", e aproveitamos para escoitar algunha peza dos dous CeDeses que nos trouxo o noso amigo SERXIO SEOANE , "Orquestras de Galicia". Un adianto de agasallos para tódolos nosos oíntes. Comunicámonos con UXIA , que se atopa no Pazo da Cultura de Pontevedra, próxima a comezar o Festival CANTOS NA MARÉ , por 8º ano consecutivo. Fainos un pequeno adianto da próxima celebración. Agradecémosllo e desexámoslle moitos éxitos nese Festival Internacional da Lusofonía . Dámoslle a Ben-vida a Serxio e aproveitamos para comunicármonos con Andrés Neira e felicitarlle polo cumpleanos a Mireia , que se atopa rodeada de moitos amig@s. ¡Que cumpla moitos máis! Despedimos a Serxio desexándolle unhas ¡FELICES FESTAS! e indicándolle á nosa audiencia que pode solicitar ou mercar o disco "Orquestas de Galicia&qu

Programa do 10 de decembro 2010

Antonio e mais un servidor Comezamos este penúltimo programa do ano 2010 dándolle información á audiencia das NOVIDADES que nos chegan á Redacción. Acompáñanos Antonio Díaz , Director da Revista "Lua Nova", da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Esta semana non podemos cumplir co horario, xa que temos a obriga de asistir á presentación da revista NÓS, do Centro Galego Nós de Sabadell. Damos lectura dalgunhas das informacións e comunicamos aos oíntes a celebración, dentro das XORNADAS CULTURAIS de Rosalía, da previsión do fallo do "24 Premio de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro" e Premio de Narrativa Rosa Reboredo, para o vindeiro día 18 de decembro, no que se contará coa presencia, entre outras, do Catedrático da Universidade Profesor don Basilio Losada Castro , que tanto ten colaborado coas Entidades Galegas en Cataluña, e moi particularmente coa nosa. Seguro que na vindeira semana poderemos contar coa presencia dalgún dos compoñentes do xurado