Encetamos a nosa locución adiantándolles o que imos a tratar durante estas dúas horiñas de radio en galego: Novidades que nos chegan á redacción, estrea dun novo disco dos "QUEMPALLOU" que leva por título: " Once anos mallando ", outro do grupo "KEYMPA", "Menú do Día" , conexión con Rosalía de Castro para que nos informe do Campionato de Tute que se está a celebrar na Entidade, Conexión con Galicia para que Xulio Simón nos poña ao corrente dalgunhas das cousas que elixiu para esta semana e finalizaremos coa chamada semanal a Paco Rivas, o noso Poeta da Mariña Lucense, que sempre nos agasalla con unha ou dúas das súas creacións poéticas. A nosa primeira comunicación-conversa é con ALFONSO RICO , Vicepresidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos explica cómo vai o "Campeonato Anual de TUTE", na Entidade. Tamén nos fala das diferentes actividades programadas para tódolos socios; unha das máis salientables é o "Cursiño e Cociña&quo
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas