Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2011

21 de marzo 2011

No programa deste sábado comezamos, coma sempre, coa sintonía de "Cristina Pato", que está a realizar unha xira internacional moi interesante. Facemos mención das nosas intencións de comuinicarnos con Galicia, con outros colaboradores de Maiorca e de Mérida e con Antonio Díaz, recentemente nomeado Vicepresidente da A.C.G.Rosalía de Castro. e continuaremos co noso acostumado percorrido pola música galega de actualidade e cumprindo as demandas dos nosos oíntes. Tamén faremos mención das novidades e noticias que nos van chegando á nosa Redacción, e informaremos das novidades que se van sucedendo no ambente galego en Catalunya... A primeira comunicación-conversa-tertulia é con NOELIA RODRÍGUEZ , poeta da Baixa Limia que se atopa en Maiorca e SUSO DÍAZ , outro colaborador e radiofonista ( La Voz en Espiral de Mérida), tamén da Baixa Limia, e cos que mantemos unha amena conversa tratando varios aspectos da nosa situación galega. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles a súa col

Programa do 12 de marzo do 2011

Nesta ocasión atendemos a petición dun oínte que na anterior edición nos solicitaba a emisión dunha peza de música do grupo berciano: AIRA DA PEDRA, e compracemos esta peticiòn cunha peza do seu ultimo traballo titulado "be zeta". Agardamos a súa compracencia. Seguimos coa enumeración das diferentes noticias e informacións que nos chegan á nosa Redacción e deseguida conectamos con Galicia para falarmos concretamente con MANUEL FORMOSO , o gañador do Primeiro premio do ultimo Certame de Poesía da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", de Cornellà . En primeiro termo mantemos unha pequena conversa:   Despois declámanos unha das súas creacións poéticas, concretamente a que lle fixo acreedor do 1º Premio do Certame de Poesía que denantes mencianabamos: Na segunda hora conectamos novamente con Galicia e falamos con Xulio Simón , como cada semana, que nos trae unha selección de noticias escollidas con información puntual de relevancia para todos nós, sem

Emisión do 5 de marzo do 2011

Estamos de ENTROIDO. A nosa programación de hoxe está algo condicionada pola festividade do Carnaval na cidade de Cornellà e nos arredores. Dende Galicia non poderemos ter as acostumadas conexións e comunicacións debido precisamente a esta coincidencia da festa carnabaleira, pero tentaremos facer dúas horiñas de radio en galego para tódolos nosos seguidores. Comezamos co relatorio das novidades e informacións que nos chegan á Redacción e continuamos a escoitar as ultimas novidades musicais galegas. Prometemolles escoitar xuntos a Cristina Pato e Rosa Cedrón, alomenos algunha interpretación do seu disco SOAS. A nosa primeira comunicación é coa A.C.G.Rosalía de Castro , concretamente coa sección das "donas", presidida pola Señora Amelia , que tamén é a Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" , e que nos pon ao corrente das novidades e proposta de actuacións para conmemorar o "día Internacional da dona". Tamén comentamos as actuacións con Conchita , outra das