Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2011

17 de decembro do 2011

Ultimo Programa do 2011 Comezamos a emisión de hoxe, acompañado de Armando Fernández e do noso técnico Marc Fort, dándolles a ben-vida a todos e desexando ofrecerlles dúas horiñas de radio entretidas, lamentando a desaparición da grande voz caboverdiana, Cesària Evora que acabamos de coñecer e compartimos con todos unha primeira peza musical interpretada por ela, dedicada a todos e en especial ao noso amigo (tamén finado) Mindo Vizcaia, que tanto apreciaba: “Tempo e silencio”. A primeira comunicación é con Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio de hoxe: Francisco José Fraga Civeira , Ex Vicepresidente da FEGAMP e Alcalde de Piñor . Unha conversa moi interesante. A segunda comunicación-conversa é para recibir a felicitación de Serxio Seoane , a quen lle correspondemos desexándolle o mellor para o vindeiro aninovo 2012. Falamos con Xulio Simón , que dende Combarro , tamén nos envía as súas felicitacións para estas datas e fainos un pequeno resumo do que ten preparado para

Penúltimo programa do 2011

Sábado 10 de decembro: Temos hoxe a ARMANDO como convidado e colaborador desta emisión. Dámoslle a ben-vida e convidamos a tódolos nosos oíntes e seguidores para que se sumen á nosa proposta de radio en galego durante estas dúas horiñas. Escoitaremos música galega, falaremos cos nosos colaboradores en Galicia e seguro que tamén teremos algunha que outra sorpresa e novidade interesante que comentar. A primeira comunicación é co noso amigo e colaborador MASITO BEIRÓ . O noso artista, creador, pintor... e amigo por enriba doutros calificativos, fainos un percorrido interesante dende a localidade de VALGA, onde se atopa nese momento. E de seguido conectamos coa Baixa Limia para falar co noso correspondente e amigo XOSÉ LAMELA , que nos presenta a PABLO LÓPEZ VIDAL , diputado pola provincia de Ourense, cos que mantemos unha conversa interesante relacionada cunha interesante proposta de posta en marcha dun parque empresarial na zona da Baixa Limia. No programa deste sábado temos q

Programa do sabado 3 de decembro do 2011

Unha nova emisión do programiña en lingua galega que cada semana facemos en Radio Cornellà. Comezamos propoñéndolles pasar dúas horiñas na nosa compaña, con música galega, con entrevistase participacións interesantes. Despois de escoitar ás MALVELAS, coa súa peza titulada "Trubisqueira", Conectamos con Galicia e falamos, como ven sendo habitual nesta tempada, con XOSÉ LAMELA , o noso correspondente na Baixa Limia. Un ano máis, despois do fallo da celebración do 25 Certame de Poesía "Rosalía de Castro" , da Asociación Cultural Galega do mesmo nome, en Cornellà, tentamos conectar cos premiados e comezamos chamando a ISRAEL MARTÍNEZ VEIGA , en Santiago de Compostela, para felicitalo. Falamos con el e despedímolo escoitando a declamación do poema polo que foi premiado. A seguir escoitamos outra peza de música, do novo disco de "Berrogüetto" , que nos enviaron en primicia para todos vosoutros. O disco titúlase: "O Pulso da Terra", que ven acompa