Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

27 de ABRIL do 2013

Un sábado máis con todos vosoutros para tentar levar adiante este programiña de dúas horas, empregando o noso idioma galego. Nun primeiro momento saudamos ao equipo ao completo e despois de convidarvos a escoitar unha peza do novo disco de BUDIÑO "SOTAQUE" , poñémonos en contacto con Xosé Lamela , que nos presenta ao contertulio desta semana don PABLO ALVAREZ , cos que mantemos unha amena conversa-entrevista. Escoitamos outra peza de música e conectamos novamente con Galicia, concretamente con  CANS, en Porriño (Pontevedra) para falarmos con MOISÉS, que nos pon ao corrente do X Festival de CANS , que se celebrará perante os días 22 ao 25 de MAIO vindeiros. Paga a pena escoitalo. Dámoslle as felicitacións oportunas á nosa contertulia LAURA SANTOS , que ven de entregar ao prelo a revista de Airiños da Nosa Galicia , e que ela axudou a realizar. Unha magnífica edición que aínda que é tan só o número 19, celebra o 30 Aniversario da devandita Entidade Galega en Sa

20 de ABRIL 2013

Unha nova emisión deste noso programiña en galego. Nesta ocasión cumplimos a promesa de incorporar á nosa Redacción unha nova compoñente: LAURA SANTOS , filla de galegos, estudiante de Periodismo e que ven a axudarnos a levar adiante este espacio. Desexámoslle moitos éxitos.  Como cada semana comezamos conectando coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos ten preparado conversar con ALEXANDRA ALVAREZ , unha das persoas que se encarga de levar adiante RADIO RIOCALDOFM. Xa tiñamos falado, en programas anteriores con BORJA BARROSO, pero nesta ocasión non é posible. Aquí tedes a conversa-entrevista mantida. A seguir falamos cos nosos contertulios no Estudio: Armando e Laura, e propoñémoslles escoitar algunha peza de música tradicional gallega. Na segunda hora dámoslle información dalgunhas Noticias interesantes relacionadas cos Centros Galegos en Catalunya. Comprometemos a Laura para que nos faga de correspondente na Asociación de Santa Col

Sábado 13 de ABRIL 2013

Un novo programa de dúas horas en galego para tódolos nosos seguidores. Nesta primeira hora non podemos conectar coa Baixa Limia, co noso correspondente Xosé Lamela, por mor de certos compromisos familiares. Na vindeira semana tentaremos renovar a nosa rutina conectando con el. O que sí facemos é falar con SANDRA , a responsable da páxina WEB s http://www.comerengalicia.es , que nos informa polo miúdo deste traballo tan interesante aberto a tódolos usuarios de Internet. Agradecémoslle a súa aportación e convocámola para poder conversar con ela noutra ocasión. Continuamos o programa dándolles información das novidades que chegan á nosa Redacción.  Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN , en Combarro, para que nos fale das escollas que ten preparadas para tódolos nosos oíntes e seguidores. Seguimos dándolles novidades e informacións chegadas dende Galicia, acompañándoas de música tradicional galega. A vindeira semana tentaremos facer outro programa máis

Sabado 6 de abril do 2013

Unha nova entrega despois da Semana Santa. Dámoslle a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores cunha peza de música popular galega. Conectamos coa Baixa Limia, dende onde nos presenta XOSÉ LAMELA, o noso correspondente oficial, ao contertulio desta semana DON RAMÓN ALONSO LOPEZ , o Ilmo.Alcalde de ENTRIMO , cos que mantemos unha conversa-entrevista moi agradable e despedímolos desexando volver a falar con eles sobre moitos dos aconteceres na súa contorna. Deseguida poñémonos en contacto con ANTONIO DÍAZ , Director da revista Lúa Nova e Secretario da A.C.G.Rosalía de Castro , que nos pon ao corrente das novidades e actuacións da Entidade. Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, concretamente dende Combarro fálanos XULIO SIMÓN , o noso correspondente habitual, para falarnos das súas escollas sempre interesantes. Hoxe detense na persoa de don XESÚS ALONSO MONTERO , que presenta a súa candidatura á presidencia da Real Academia Galega.  Despois, para rematar,