Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

SÁBADO 17 de DECEMBRO do 2022

Último sábado de emisión do noso programa. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois de escoitar un bocadiño de música desguida conecta Armando Fernández con Ubaldo Pérez , do Restaurante "LOS Ancares" , na rúa Robrenyo de Barcelona. Felicitacións porque ten unha visita dun grande actor galego que apreza o que este grande restaurador está a facer pola gastronomía galega. Comenta algunha das actividades previstas para estas festas que se acercan á Navidad e o que ten previsto para fin de ano. Agradecémoslle a súa estimada participación, que sempre nos recibe moi amablemente. A continuación conecta co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY . Envíanos a súa crónica semanal coas novidades e informacións que el mesmo escolle. Os que desexen amplialas poden baixalas na páxina  " quepasanacosta.gal " , que el mesmo nos lembra cada vez que conectamos. Esta nosa emisión reemítese en Radio Roncudo e Radio Neira , os domingos pola mañá. Agradecémoslles a súa gr

SÁBADO 10 de DECEMBRO do 2022

Programa especial, gravado e preparado para emitir mentres asistimos ao evento " UNHA XERACIÓN. DOUS MUNDOS " Tentamos ofrecerlles dúas horiñas de Radio en Galego, entretidas e cun contido interesante. En primeiro lugar temos a audición dunha peza do CD: DIANTE UN ECO, da nosa benquerida e admirada artista SES, Mª Xosé Silvar . A peza titúlase " Para cando eu morra ", que lle da paso á primeira intervención desta tarde, a do noso correspondente nas Rías Baixas XULIO SIMÓN. A continuación conectamos novamente con Galicia para falar e conversar co recente Primeiro Premio do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito, MAURIZIO POLSINELLI . Parabenizámolo e agradecémoslle a súa amable atención. Falamos despois con CARMEN PENIM , que ven de publicar un audio-libro que leva por título " A FRAGA DE PASACORRENDO ". Precisamente  ela mesmo nos facilita a entrada na súa web persoal para acceder ás musicas de contos que publicou e aproveitamos es