Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2009

Actuación do CORAL "CENGALLEI"

Por mor de celebrar as LETRAS GALEGAS 2009, no Centro Galego de Lleida, desplazámonos esta fin de semana á capital do Segrià e despois da Conferencia impartida por MANOEL CARRETE RIVERA dedicada á figura de Don Ramón Piñeiro, tivemos a ledicia de poder escoitar diversas interpretacións poéticas declamadas polos compoñentes do Coral Cengallei e remataron a súa intervención coa interpretación do Himno Galego. Paga a pena escoitalo.

Concurso - Sorteo dunha Fin de Semana en Galicia

1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aquí mesmo, e que desexamos sirva para que os nosos oíntes e participantes se interesen e coñezan un pouquiño máis algunhas zonas da nosa Galicia. Concurso-Sorteo dunha “FIN DE SEMANA (venres e sábado para dúas persoas, durmir e desaiuno gratis) NUN HOTEL-VIVENDA RURAL EN GALICIA”. Os participantes teñen que enviar un correo a semprengalicia@gmail.com . Aquí mesmo, no final desta entrada, atópanse as Referencias das Casas-que sortean a Fin de Semana e o Lote de Produtos. Así pois, terán que enviar un correo electrónico ó noso enderezo: semprengalicia@gmail.com , solicitando un número para cada unha desas Casas (polo tanto poderán acceder a 7 números por participante). Eses números serán efectivos cando teñamos confirmación da súa recepción por parte dos concursantes. Para ter dereito a eses números teñen que indicar algunha característica da casa-hote

Programa do día 2 de maio do 2009

Unha nova oportunidade de comunicármonos cos nosos oíntes. Comezamos un bocadiño tarde, por mor dalgunhas interferencias técnicas subsanadas rapidamente, gracias ao noso téctino MARC. A verdade é que imos avanzando nesto das novas tecnoloxías, e facemos o que podemos para que todos os nosos seguidores estean debidamente informados. Damos lecturas dalgunhas novidades chegadas á nosa Redacción e seguimos escollendo algunha peza de música para que todos poidamos disfrutar das poucas novidades que nos van chegando. Nesta ocasión facémonos eco e sinalamos a celebración dos 90 anos da creación do Coral de Ruada de Ourense. Felicitacións e escoitamos unha das súas pezas do seu repertorio: Ourense ao lonxe. Seguimos con máis informacións e facemos a primeira conexión telefónica da tarde con ALEX DE PRADO , acompañante e parella de PAULA, que están a participar no Concurso-xogo: VAI de BAILE que se celebra semanalmente no programa da TVG "LUAR".Podedes ver un video deles nesta ligazó