Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

24 de NOVEMBRO do 2012

Unha semana máis voltamos a realizar este noso programiña de radio en galego. ¡Gracias a tódolos nosos seguidores, que nos animan a continuar con esta tarefa tan engaiolante e entretida, coa que pasamos dúas horiñas cheas de informacións, música e novidades relacionadas coa nosa cultura galega!  Na primeira hora conectamos coa BAIXA LIMIA , para falarmos, coma sempre, con XOSE LAMELA , o noso correspondente e ademais amigo e colaborador, que nos adianta algo relacionado coa " Semana Cultural da A.C.G.Rosalía de Castro " e cos seus Premios de Poesía " Rosalía de Castro de Cornellà ", que chega á súa XXVI Edición, e de Prosa "Rosa Reboredo" .   Conectamos con ARMANDO FERNÁNDEZ , que nos fai de corresponsal en Badalona, onde están a celebrar o XV Aniversario da Asociación Cultural AGARIMOS , e a homenaxe a don XESÚS GALÁN, poeta, gaiteiro e profesor dos compoñentes do Grupo de Gaitas da devandita Asociación.      Deseguida voltamos a conectarnos
10 de NOVEMBRO Hoxe comezamos comentándolles as novidades e propostas para escoitar durante estas dúas horiñas de radio en galego. Non poderemos contar con Xosé Lamela, nin tampouco con Xulio Simón, os nosos correspondentes en Galicia. Certas obrigas personais e outros compromisos impídenlle poder atendernos. A vindeira semana voltaremos a telos con nosoutros, seguro. Aproveitando a amizade e colaboración que nos ten dispensado SUSO DÍAZ , da Baixa Limia, conectamos con el. Unha conversa moi interesante e amena, na que nos pon ao corrente das celebracións dos "ARRAIANOS" e doutras cousasa importantes, como a publicación do libro VIEIROS DE PALABRAS , que se pode encargar á librería CONDE, de Celanova. Recibimos, nos estudios, a AIDA e HECTOR , irmáns gaiteiros de A.C.G.AGARIMOS , de Badalona. Sempre son ben-vidos os nosos contertulios, pero neste caso, sendo quenes son moito máis. Deseguida nos poñen ao corrente das próximas actuacións que teñen previstas: "
3 de NOVEMBRO do 2012 Unha semaniña máis voltamos a ofrecerlles a emisión deste noso-voso programa de radio en galego. Na Redacción ARMANDO Fernández e un servidor, e nos controis centrais o noso técnico MARC FORT. Nesta primeira hora conectamos coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio don JOSE ANTONIO ARMADA PEREZ , Alcalde do Concello de BANDE (Ourense) e con quen temos a oportunidade de coñecer un chisco mellor aquela fermosa zona, tan chea de engado e feiticeira. Tamén nos comunicámonos con AIDA , da Asociación Cultural Galega AGARIMOS , de Badalona, que nos pon ao corrente das moitas actividades que están a programar e que paga a pena aceptar a súa convocatoria e asistir a elas, cando menos o seu XV FESTIVAL AGARIMOS , que se celebrará o vindeiro día 24 de novembro. Aínda que se desexan participar e disfrutar dunha festa enxebre, poden achegarse a Badalona para degustar as castañas e bolos preñados que se repar