22 de novembro do 2008 Nesta ocasión tivemos a oportunidade de ofrecer a tódolos nosos socios e simpatizantes a nosa "Radio en Directo", dende a sede da nosa Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO. Con público, coa nosa directora MIREIA, co Xefe técnico Victor, coa participación de anteriores directores deste noso programa, entre os que se atopaba Emilio Luís López, Manuel Rodríguez Julián... ... Aquí podedes escoitar a 1ª hora de Radio en Directo, dende a Asociación ROSALÍA de CASTRO. Comezou a emisión, coma sempre, coa sintonía de Cristina Pato e a presentación por parte de XOSÉ CARLOS G., ao seu carón o Presidente da Entidade, Ricardo Pérez Anta e Antonio Díaz. A verdade é que semellaba unha reunión de amigos que estabamos a falar das nosas cousas e lembrando aquelas datas, difíciles, do comezo desta andaina de falar en galego na radio. Mágoa, pola miña parte de non poder estar durante toda a celebración, xa que, como tiña informado en anteriores datas, tiña comprome
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas