Un programiña máis, de dúas horas en galego, con entrevistas, comentarios, noticias e música. Seguimos indicando aquí o lugar onde podedes escoitar e "mirarnos" ao mesmo tempo que emitimos o programa: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez Comezamos conectando con AMAUTA CASTRO , poeta gañador do 1º Premio do "31 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" . Unha conversa moi interesante na que nos pon ao corrente da súa creatividade e dos proxectos futuros. Felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos. A segunda intervención é con MERCHI ALVAREZ , Presidenta de GALICIAME , que nos comenta as novidades e confirmacións de asistencia á "IIIª Gala-Xantar de Galiciame" en Cambados. Un cartel por todo o alto con grandes artistas convidados. Un acontecemento ao que lle auguramos moito éxito e moita recadación para esa finalidade tan importante como é a investigación desa enfermidade.Ao parecer haberá moitas novidades e sorpresas moi agradables
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas