Esta semana non puidemos ofrecervos o programa en directo, pero aproveitamos a ocasión para gravar unha alternativa interesante con varias entrevistas-conversas que consideramos serán do voso interese. Adubiámolas con algo de música galega, e coidamos que nos quedou un traballiño xeitoso. A primeira comunicación foi con JUAN , Presidente da A.C.G.AGARIMOS de Badalona , que nos informaou das actividades que teñen previsto realizar próximamente, destacando no primeiro lugar o CONCURSO DE EMPANADAS E ROSCÓNS, que realizarán hoxe mesmo. Tamén nos convidou ao Festival Solidario que celebrarán no Centro Comercial MONTIGALÁ da cidade e do Festival Infantil no Teatro Principal co título: Un Xoguete, unha Entrada... En segundo lugar, ainda que non menos importante: A intervención foi con XOSÉ LAMELA , acompañado de don XOSÉ MARÍA EGUILETA , eminente arqueólogo na cidade de Ourense, que nos deleitaron coas súas aportacións culturais e coñecementos. Quedamos á espera de voltar a chamal
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas