Unha emisión máis deste noso programa de radio en galego. Comezamos coa escoita dunha peza do último CD da nosa amiga SES "Tronzar os VALOS" , que nos ameniza as conversas e entrevistas que realizamos. A primeira é con ARSENIO LANDA , da Baixa Limia, co que mantemos unha conversa moi esclarecedora de temas relacionados coa comarca. A segunda conexión é con MANUEL PAZ , de Lobios, concretamente de "O Lusitano" que nos informa das propostas que podemos aproveitar para disfrutar nesta Semana Santa neste recuncho da nosa Galicia. Despois conectamos con XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ , un grande defensor e coñecedor da nosa língua, e que nos fai sabedores de moitas e interesantes noticias, algunha delas en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, así como unha valoración moi interesante sobre o emprego e uso da língua galega. Desexamos que pasen unha SEMANA SANTA moi feiticeira. ¡Boas Pascuas para todos!
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas