Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Sábado 15 de DECEMBRO do 2018

O ultimo programa deste ano 2018 conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, que ten como convidada á Alcaldesa de Lobios, dona Mª Carmen Yáñez , para falar de moitas couass que están xa acordadas con outras administracións, para beneficio do Concello, como pode ser a Residencia de incianos, que xa ten tódolos permisos concedidos e posiblemente se comece a súa edificiación nos próximos meses. Temos que felicitar a esa dona que tanto está a traballar, e ben, por ese Concello arraiano, que ten moitos recursos naturais que aproveitar. Tamén lle agradecemos ao noso correspondnete Xosé Lamela que nos aporte tantas novas interesantes para os nosos oíntes e seguidores. A segunda intervención é a comunicación co poeta lucense XOSÉ CARLOS ULLOA, con quen mantemos unha conversa moi agradable e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas. Na segunda hora, como non podemos contar coa participación do noso colaborador Xulio Simón, a quen disculpamos convenientemente, con

Sábado 01 de DECEMBRO do 2018

Benqueridos amig@s oíntes e seguidores: HOXE non poderemos atendervos porque temos certas obrigas que cumprir. O equipo de Semprengalicia quere pedirvos disculpas por non podermos ofrecervos un programiña máis, tanto hoxe coma tampouco o sábado que ven que é festivo (día 8). Poremos dúas horiñas de música galega, que podedes aproveitar para gravar e escoitaar cando desexedes. Seguiremos traballando e preparando novas cousas para poder ofrecervos. Os nosos correspondentes Xosé Lamela, Xulio Simón, Kike de Navia, Fernanda Follana , Tamara Andrés e Paco Rivas estarán con nosoutros e procuraremos pasar dúas horiñas de Radio entretidas e agardando as vosas participacións. Por un pouco. Disfrutade e sede felices!!!