Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

SÁBADO 29 de ABRIL do 2017

Comezamos o programa co equipo ao completo, dándolles a ben-vida e propoñéndolles escoitar un bocado de música para tentar de comunicármonos con Galicia e falar con MANUEL RIVERO , un dos grandes contertulios colaboradores que sempre nos ilustra coa súa intervención. A segunda conversa-Entrevista é con don XOSÉ SIMOES , grande empresario e un referente no ámbito da gastronomía, moi concretamente no relativo ao cátering, pero que nesta ocasión é para poder falar con el sobre un proxecto, que xa está moi adiantado, relacionado coa publicación dun libro de recetas de cociña e de procedencia da zona arraiana da Baixa Limia. Unha recolleita moi especial, con moita documentación que ademais irá acompañada dun feixe de poesías súas, claro. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos. Na segunda hora comunicámonos con don JOSÉ CANOSA , Presidente da "A.C.G. Airiños da Nosa Galicia" , en Santa Coloma de Gramanet. Aténdenos moi calurosamente e informa á nosa aud

Sábado 22 de ABRIL do 2017

Comezamos unha nova emisión ofrecéndolles unha peza musical do CD que leva por título "A Pedra do Fundamento", como adianto da posible entrevista que manteremos cun dos seus autores, don Rafael Quintía. Despois conectamos con dona MERCHI ALVAREZ , Presidenta de GALICIAME que nos pon ao corriente dos adiantos e novidades sobre un medicamento que acaban de autorizar e poñer en marcha para os afectados de Ame. A sengunda entrevista é con don JUAN PRIETO , Presidente da A.C.G, AGARIMOS , de Badalona, que nos informa das actividades que teñen previsto realizar con motivo da celebración do 20 Aniversario desta Entidade, e no que destaca o Concerto de SES para o vindeiro día 19 de maio. Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO Simón , que nesta ocasión preséntanos a XAN Rodiño , Campeón de BILLARDA de Galicia, con quenes mantemos unha animada conversa-entrevista chea de interesantes noticias e novidades. Despedímonos dando

Sábado 08 de ABRIL do 2017

Finalizamos este primeiro cuatrimestre do ano coa retransmisión deste programa de comezos da Semana Santa dándolles a ben-vida e propoñéndolles escoitar unha peza musical para darlle paso á primeira Entrevista-Conversa co noso amigo, antropólogo galego, don MANUEL MANDIANES CASTRO , que nos ameniza coa súa disertación sobre varios aspectos interesantes da nosa idiosincrasia galega e parte da súa producción creativa e escrita.  Despois falamos con MARTIN ALVAREZ GONZÁLEZ , un Profesor e Chef galego, responsable a Asociación Cultural As Ortigas da Baixa Limia , con sede en Celanova, que nos fai unha "clase" ilustrativa e maxistral sobre esa planta invasora da que moi pouco se sabe e que ten moitísmas aplicacións a nivel alimenticio e tamén na agricultura en xeral. ¡Moitas grazas! Na segunda hora conectamos co noso correspondente XULIO SIMÓN , que sempre ten algunha cousa interesante que comunicarnos relacionada coa nosa cultura galega. Dessexámoslle que disfrute das F

SÁBADO 1 de ABRIL do 2017

¡30 ANIVERSARIO da nosa emisión "Semprengalicia"!  Hoxe celebramos este acontecemento na Sé da Asociación C.G.Rosalía de Castro . Agradecémoslle a asistencia a tódolos socios e simpatizantes que nos acompañan, ao Presidente Oliver Fernández ,  así como tamén contamos coa presencia do 1º Director desta emisión, don Manuel Rodríguez Julián , outro ex.director don Emilio Luís López , a Directora da nosa Radio Cornellà, dona Mireia Navarro , os técnicos Kiko Belinchón e Victor , nos estudos Jose Antonio Castillo , e despois de darlle a ben-vida ofrecémoslle escoitar un bocadiño de música galega. A seguir comezamos as diversas intervencións dos convidados e asistentes e, como non, dámoslle a palabra ao máis veterano nestas lides, Manuel Rodríguez Julián , que despois pásalle a palabra a Emilio Luís López . Agradecémoslle a súa asistencia e amable participación, neste aniversario. Voltamos a escoitar outra peza musical e de novo seguimos coas intervencións, primeir