Outra emisión con todos vostedes tentando levar adiante este programiña de dúas horas en galego. Hoxe dámoslle a ben-vida a MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que nos honra coa súa compaña. Despois dos saúdos pertinentes conectamos con Galicia para falarmos con don MODESTO LUÍS GÓMEZ , que nos comenta parte da súa traxectoria e da súa publicación "32 Grados. Objetivo: Emprender" . Descríbenos un chisco de qué vai ese traballo e agradecémoslle a súa participación no noso programa. A segunda intervención é a de LAURA SANTOS, compoñente do noso equipo, que hoxe fainos de correspondente e infórmanos dos diversos actos que realizaron e que teñen previsto realizar na Asociación Cultural Galega " Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet" . Para a vindeira semana do 4, 5 e 6 de Maio Festa do 35 Aniversario da Entidade. Agradecémoslle a súa comunicación e convite para que asistamos a ese grande acontecemento. Despois de escoitar un chisco de música, conectamos
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas