Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

Programa do pasado sábado 9 de NOVEMBRO do 2013

Debido a certas "obrigas personais" non tiven a ocasión de subir antes o noso programiña do sábado pasado, pero agora mesmo o fago, pedindo disculpas a todos vosoutros polo retraso. A primeira hora dedicámonos a falar co noso correspondente na Baixa Limia, como cada semana, XOSÉ LAMELA , que nos presenta a SIMONE SAIBENE , que coñecemos dunha anterior intervención e conversa. É o director da película recén estreada en Galicia: 9 OLAS , e da que falamos con moito detenemento e interese. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas.   Despois de breves comentarios e informacións sobre os dous discos que nos facilitou o noso amigo e xa colaborador XOAN LUACES FANDIÑO . A nosa Laura Santos fainos un pequeno percorrido pola traxectoria de RADIO COS , dos que escoitaremos varias pezas ao longo do programa de hoxe. Tamén falamos do disco-libro CANTANRES GALEGOS .   Charlamos coa Directora, dona AMELIA LÓPEZ , do Grupo de Teatro AND

SABADO 2 de NOVEMBRO do 2013

Un sábado máis comezamos o noso programa de radio en gallego, dándolles a ben-vinda a todos e presentándolles o noso equipo, hoxe ao completo. Despois de escoitar unha peza de música galega poñémonos en contacto co noso correspondente XOSÉ LAMELA , na Baixa Limia, que nos tiña preparado unha conversa-entrevista co Profesor da Universidade de Barcelona Camilo F.Valdeorras, pero por motivos de desprazamento e covertura non puidemos contactar con el, xa que se atopaba de viaxe... Noutra ocasión tentaremos falar con el.   Acabando a primeira parte desta nosa emisión falamos con DÉBORAH ALBARDANEDO , Axente Literario e representante de FRANCISCO NARLA , que nos informa da próxima presentación da novela RONIN - a vindeira semana - deste autor lucense, que tantos éxitos ven colleitando.   Na segunda hora conectamos novamente con Galicia para falarmos con XOAN LUACES FANDIÑO , responsable do selo musical en Galicia de Fol Música , que nos fala da súa importante tarefa neste eido e a