Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2010

PROGRAMA do 30 de xanerio do 2010

Este último sábado do mes de xaneiro comezamos o programa coa compaña do historiador e colaborador don MANOEL CARRETE, que nos axuda a presentar o programa desta semana, comentando algunhas das cuestións candentes e actuais do panorama galego en Cataluña e en Galicia. A primeira comunicación telefónica é con MANUEL BARCIA , que nos facilta tódolos datos sobre a "Festa do Botelo" que teñen preparada os socios de "Orgullo del Bierzo" para o vindeiro día 20 de febreiro á que asistirán varios alcaldes bercianos e outros de Cataluña, escritores, poetas, historiadores... e unha morea de personalidades importantes, xunto con Luís del Olmo. Aproveitarán para renderlle unha sentida homenaxe a un personaxe ilustre do Bierzo. Continuamos coas novidades e importantes sucesos que acontecen en Galicia, como é o asunto das votacións e eleccións de Presidente do Partido Popular en Ourense, que recaeu na persoa de don Jose Manuel Baltar Blanco. Outros datos interesantes foron as di

Programa do 23 de xaneiro do 2010

Comezamos un novo programa de "Sempre en Galicia" coa sintonía de sempre, "Tolemia de Cristina Pato" e adiantándolles que estaremos perante as dúas horiñas falando e dándolles comunicacións en galego tanto as que se producen aquí, no noso entorno catalán, como aquelas que nos chegan dende Galicia á Redacción. Unha primeira introducción do que pensamos facer e unha nova proposta para que escoiten a nosa música galega. A nosa primeira comunicación-conversa é con "Kique de Navia" , colaborador, escritor, poeta e grande coñecedor das nosas cousas galegas. Ven de pasar unha tempada de lecer e descanso en Galicia e fainos unha pequena introducción do que xa semella un grande atraso e un atranco para o noso idioma galego, a pretensión da posta en marcha do decreto do galego. Tamén nos lembra que nestas datas celebramos o pasamento de Andrés Dobarro, un grande compositor e músico galego a quen lle debiamos facer algunha mención especial. Así lle-lo prometemos e b

Programa do 16 de xaneiro do 2010

Como todos vostedes saben, a dirección do programa deste día 16 correspondeulle a SERXIO SEOANE, o noso colaborador encargado de aportarnos a maioría das novidades musicais que sempre nos chegan á redacción. Comeza indicando cales son as súas pretensións perante esas dúas horiñas de radio en galego para todos os nosos oíntes. A súa primeira conexión é co responsable da "Feira do Polbo" - falan SERXIO e SUSO RODRÍGUEZ - de Agarimos de Badalona, que aproveita a ocasión para convidar a tódolos asistentes ao evento agasallándoos cunha botella de bon viño si se achegan alí mañá, domingo. O noso agradecemento pola súa oferta e aportación. Deseguida fai unha conexión con Vigo, onde me atopaba un servidor de vostedes, Xulio Cougil , e fágolle un pequeno resumo de todas aquelas cousas que estiven a realizar e que teñen algunha relación coa nosa emisión e coa nosa cultura galega. Doulle a grazas pola súa chamada e deséxolle un programa entretido e con moito éxito. A seguinte comunica

Programa do 9 de xaneiro do 2010

Comezamos desexándolles unha boa entrada de ANINOVO 2010 a tódolos que nos seguen, tanto polas ondas coma polo Internet. Dámoslle-las gracias pola súa constancia e polos moitos correos e ánimos que nos envían ao traverso dos correos electrónicos e comunicacións telefónicas. Sentímonos moi ledos e coidamos que o noso traballo non sería ren sen a súa participación e colaboración. Desexamos cumprir con todas as espectativas que desexan de nosoutros. Pomos, da nosa parte, todo o que temos para tentar cumplir coas súas solicitudes. Así seguiremos, mentres poidamos, e mentres os teñamos ahí, á escoita da nosa radio. Nun primeiro momento démoslles informacións das cousas que nos chegaron á Redacción, xunto coa proposta de escoitar algunha peza de música do grupo de caboverdianas "Batuko Tabanka", con seu disco DJUNTA Mô. Agradecémosllo a Pai Música, que nolo enviou o mes pasado. A primeira comunicación telefónica que mantivemos foi con Ricardo Pérez Anta, o Presidente da Asociació