Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

SÁBADO 30 de XANEIRO do 2021

Outro programa máis con todos vosoutr@s para ofrecervos dúas horiñas de Radio en Galego, con ganas de aprender e desexos de que todos se sintan cómodos e satisfeitos coa nosa compaña. Despois da sintonía inicial e das presentacións ofrecémoslles un bocadiño máis de musica para podermos conectar cos nosos convidados. A primeira comunicación é con don   Xosé González Martínez (Pepe de Redondela, para moitos dos seus coñecidos e amigos). Un galeguista de pro, unha persoa moi importante para entender máis de preto a nosa cultura galega. É un político e intelectual de recoñecido prestixio a quen lle concederon a Medalla Castelao no ano 2004. Presidente a Fundación dos Premios da Crítica de Galicia, Secretario da Asociación dos Amigos do Couto Mixto... ... e moitas cousas máis. Falamos con el e ao tempo que aprendemos un chisco, tamén recibimos informacións interesantes que nos comunica. Despois dun pequeno "atranco" por dificultades técnicas, continuamos a emisión e recibimos nos

SÁBADO 23 de XANEIRO do 2021

Segundo programa do ano que comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Connosco Armando Fernández nas locucións e Kiko Belinchón nos controis técnicos. Despois de escoitar unha peza musical saudamos a Américo Rodrígues , de Castro Laboreiro. Tivo unha certa relación moi cordial co noso benquerido Xosé Lamela Bautista , e quere participar connosco no programa de hoxe. Fálanos da súa experiencia, das súas charlas, dos encontros... ... Tamén saudamos a ASER ÁLVAREZ , outro grande amigo do noso Xosé. Tamén se fai partícipe da conversa que estamos a manter. Mediante o teléfono intervén outro grande e entrañable personaxe, que coñeceu e tratou moi de perto XURXO SOUTO . Agradecémoslle a participación e as súas fermosas palabras lembrando a memoria dese "Bon e Xeneroso" que partiu cara o Alén, e dende alí nos protexe. Escoitamos o Vira de Olelas. A segunda intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses Fernanda Follana Neira , que nos present

1º Programa do 2021: SÁBADO 16 de XANEIRO do 2021

Primeiro de nada: Pídovos disculpas polas pequenas interrupcións e algunha que outra errata dixital que seguro atoparedes nos audios, pero son producto da realización emotiva que me acompañou durante esta emisión de hoxe. Síntoo moito, tentei facelo como mellor puiden, e por eso agardo que non mo teñades en conta.  Comezamos este primeiro programa do 2021, convidándovos a participar e a ofrecerlles estas dúas horas de Radio en Galego, para dedicarlle esta emisión de hoxe ao noso benquerido XOSÉ LAMELA , que se foi cara o alén, o día 4 deste mesmo mes de xaneiro. Agardando que sexa do agrado de todos os nosos oíntes e seguidores propoñémoslles escoitar unha peza de María Bethania, que tamén gostaba dela o noso Xosé: Sonho Meu , e acontinuación conectamos coa Baixa Limia, pero para saudar ao irmán de Xosé: Manuel Lamela . Tamén interveñen Carmen Penim , Suso Día z e Kique Fernández. A segunda comunicación é coa Ilma.Sra.  Alcaldesa de Lobio s, dona Maricarmen Yáñez , que tamén quere part

Exclusiva ENTREVISTA con ESTHER ESTÉVEZ

Primeira ENTREVISTA-CONVERSA  na nosa Radio,  con ESTHER ESTÉVEZ ,  do programa da TVG "DÍGOCHO EU" Nos finais do mes de decembro pasado, por mor da non emisión radiofónica na nosa RADIO, tivemos que facer esta pequena entrevista por medio da videconferencia "Meet" con esta xoven periodista, ESTHER ESTÉVEZ, que se encarga da emisión na TVG do programa "Dígocho EU". Foi unna exclusiva que nos concedeu ao noso humilde programa. Estámoslle moi agradecidos. Agardamos que disfrutedes coa entrevista.