Despois dunhos breves días de descanso e compromisos cumpridos, voltamos novamente para estar outra vez con tódolos nosos seguidores, oíntes e amigos. Comezamos adiantándolles que teremos algunhas novidades moi interesantes e algunha delas "Primicia" no que se refire á musica galega. Recibimos o libro de BERROGÜETTO : O Pulso da Terra ; unha biografía de Fernando Neira. Temos que agradecerlle este agasallo a Beatriz R.Fontán, que nolo envióu a semana pasada. Precisamente con el comezamos a nosa emisión. Tamén queremos falar con algunha das persoas que compoñen o xurado do Certame de Poesía "Rosalía de Castro" de Cornellà, conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente Xosé, na Baixa Limia. Dedicarémoslle uns minutiños a Berrogüetto (seguro que falaremos con algún dos seus compoñentes, a´si nolo prometeu Bea) e tentaremos falar tamén con Xurxo M.G. que ven de publicar un libriño moi interesante, sobre a figura de Luís Soto, Todo elo adubiado con música
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas