Seguimos con dificultades para podermos conectar con calidade cos nosos correspondentes e os seus combidados, pero tentaremos facer un programiña entretido e agradable. A primeira comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, X osé Lamela Bautista , que nos presenta á súa combidada de hoxe: Marta Delgado, dinamizadora cultural naquela contorna. Despois conectamos precisamente con Marta Delgado, encargada da páxina "Mira Xurés" e de moitas actividades relacionadas co Xurés, coa Raia, co evento que teñen previsto realizar o vindeiro día 31 de outubro, coincidindo co "Samaín". Asado de castañas, chocolate, actuación teatral para recrear a noite con cabaciñas adornadas, disfraces... etcétera. Desexámoslles moitos éxitos. Na segunda hora conectamos con Xulio Simón, en Combarro. A súa crónica sempre ten moito de cultura e interesante aportación. Hoxe ten preparadas novas relacionadas con aconteceres actuais. Damos a coñecer a presentación dun novo
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas