sábado, 6 de mayo de 2017

SÁBADO 06 de MAIO do 2017

Dámoslles a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores propoñéndolles escoitar unha peza musical do TRIO TALABARTE, que veñen de recibir un premio no "IV Certame de música Martin Codax".

A continuación conectamos con LINO PERDIZ, moi coñecedor da Baixa Limia, e partícipe de PLABALI, que nos ofrece a súa opinión e coméntanos os adiantos e posibles melloras que se pretenden acadar coas relacións e outras actuacións que están a facer relacionadas coa promoción daquela zona galega tan necesitada de melloras e acondicionamentos.

Conectamos con Galicia para que o noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, nos faga un pequeno percorrido polas escollas que ten preparadas para todos nós.

Despois falamos con dona LAURA FERNÁNDEZ, Productora de Cine en Vía Láctea Films, que nos da cumprida información da estrea do filme de Ignacio Vilar, que ven de recibir unha man chea de premios en diversos festivais internacionais. O filme titúlase SICIXIA e poderase visionar na sala de cinema MALDÁ de Barcelona dende o día 12 (estreno con presencia do seu director) ate o día 18, en versión orixinal e con prezos moi asequibles. Agradecémoslle a súa amable atención.

E despedímonos ate a vindeira semana. Que disfruten e non deixen de sintonizarnos.

No hay comentarios: