Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012
12 de MAIO Outro programiña máis en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Anunciámoslles unha primicia e conexión especial coa Baixa Limia, co noso correspondente Xosé Lamela, que nos propón falar en directo cos responsables dunha emisora local moi especial: RIOCALDO FM, 103.7 . Así pois a nosa primeira conexión é con eles: BORJA BARROSO e ALEXANDRA A.PEREIRA . Aquí os tedes, tan noviños e seguro que serán uns grandes comunicadores... Na segunda hora falamos con Xulio Simón, que dende Combarro, nas Rías Baixas, sempre escolle algúns asuntos interesantes para dárnolos a coñecer e participar con todos das súas aportacións. Despois de escoitar unha peza de música do grupo RIOBÓ , liderado concretamente por Begoña Riobó , voltamos a chamar a Galicia, para falarmos con Manuel Alfonso Álvarez Cebrián , un dos membros da directiva de MÚSICOS AO VIVO , con quen mantemos unha conversa interesante. Xa nos fins deste nosos programiña de hoxe, chamamos a PACO RIVAS, o n

Sábado 5 de MAIO

Hoxe teremos a oportunidade de falar co Ex-Presidente da Cámara de Ponte da Lima: don Manuel Marinheiro (Restaurante Lindo Verde) , actualmente dedicado á hostalería e Restauración concretamente, que nos presenta o noso correspondente da Baixa Limia, Xosé Lamela . Nesta primeira hora falamos con Manel e Xosé, desa zona do Norte de Portugal e fronteira con Lobios. Paga a pena escoitar a conversa que mantivemos con eles. Na segunda hora dámoslle a ben-vida a Abel Vázquez , un compoñente máis do grupo de Teatro "Anduriña" , da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro , que ademais é un intérprete gaiteiro da Banda da Asociación. Agardamos que non sexa tan só unha visita de "cumprimento" e se convirta nun asíduo e colaborador da nosa emisión. Poñémonos en contacto con Xulio Simón , que nesta ocasión fálanos dende Lugo, moi pertiño de Meira. Proponnos a lectura do ultimo número da revista GRIAL , que nesta ocasión ven dedicada aos esgrevios emprendedores: Valentín Paz