Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2012

23 de XUÑO 2012

Verbena de San Xoan. Comezamos o programa adiantándolles que teremos algunhas sorpresas moi agradables para todos os nosos seguidores. Coma cada semana encetamos coa sintonía de sempre e deseguida comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia , para falarmos con Xosé Lamela , que nos presenta a don MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ , Ilmo. Sr.Alcalde de COLES , e cos que mantemos unha conversa moi enriquecedora e ilustrativa referente ás moitoas e boas propostas que dende o seu Concello se están a poñer en práctica, aproveitando a creación dese Viveiro de Empresas que tanto éxito está a acadar. Desexámoslle que continúe así e prometémoslles visitalos cando vaiamos de vacacións, aló polo verán próximo.  Aínda sen comezar a segunda hora conectamos con CARNOTA - LIRA , concretamente con CARMEN, da XANELA DA LÚA , que nos da a coñecer unha serie de ofertas especiais para poder disfrutar da súa Vivenda Rural. Seguro que algún dos nosos oíntes e seguidores aproveitarán a ocasión para visitar aque

16 de XUÑO do 2012

Esta fin de semana tivemos que participar na representación teatral da obra "Os vellos non deben namorarse", adaptación feita pola directora do Grupo de Teatro Anduriña, da A.C.G.Rosalía de Castro e non puidemos estar en directo, pero fixemos un programiña entretido e moi axeitado, con algunhas intervencións moi interesantes. A primeira comunicación foi con don Julio López Mouriño , da Asociación Castaño e Nogal , Arquitecto e director do proxecto "Sendeiro Quintá-Río Donsal" . Fálanos e dános información recente sobre o terceiro Campo de Traballo que xa están a preparar para este verán. Despois falamos co Sr.Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro , don Alfonso Rico . Dános súas impresións sobre a "Festa Galega de Can Mercader" e outras actividades que a Entidade ven realizando, convidando moi encarecidamente a asistencia á obra de Teatro que hoxe se representa no Patronat Cultural i Recreatiu de Cornellà.  Novamente conectamos con Galicia, par

2 de XUÑO do 2012

Programa do sábado 2 de xuño Comezamos dándolle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e adiatándolles o que pensamos facer durante estas dúas horiñas de radio en galego. Convidámolos a escoitar unha peza de música e conectamos con Galicia, coma sempre coa Baixa Limia para falarmos con Xosé Lamela que nos presenta ao convidado desta semana, Doutor Florencio Markina , cos que mantemos unha conversa interesante.. Na segunda hora falamos con Xulio Simón , que dende a poboación de Combarro, nas Rías Biaxas, fainos un percorrido polas noticias e novidades que escolle pra coñecer algo máis sobre a nosa cultura. Despois falamos con CARMEN , a Xerente e propietaria da Vivenda Rural Xanela da Lúa , en Lira-Carnota (Costa da Morte), que nos fala das ofertas especiais para os que desexen disfrutar das súas instalacións, con descontos dun 50% se participan nun programa especial que están a levar a cabo no proxecto Torre de Mouros, os nenos gratis se contratan entre o 15 de xuño e o 1

Programa do 26 de MAIO

Este sábado non puidemos estar no programa, debido ao noso compromiso coa Asociación Cultural Galega AGARIMOS de Badalona , pero gracias ao bon facer e ao traballo que nos aporta o noso Técnico de SON, Marc Fort, puidemos emitir un programiña entretido, con música galega seleccionada. Seguro que non todo cumpre coas espectativas de audición que vostedes teñen. A nosa intención é cumplir cos seus desexos, así que para vindeiras ocasións agardamos as súas suxerencias e aportacións, para podermos complacer tódolos gustos e tendencias. Concretamente, poden enviarnos xa as súas comandas para a próxima entrega (enlatada) que será o día 16 de xuño vindeiro, debido á representación teatral que fará a compañía ANDURIÑA da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO  -e da que formamos parte, tanto un servidor como Armando Fernández-, no Patronato de Cornellà, como xa viñemos informando en anteriores ocasións. A obra a representar é unha adaptación de: OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, de Daniel