Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2010

SORTEO-CONCURSO "Sempre en Galicia" e "30 Aniversario A.C.G.Rosalía de Castro"

Para poder participar preenche este FORMULARIO BASES e AGASALLOS que podes recibir: IIº CONCURSO-SORTEO do 24 Aniversario do programa de Radio Cornellà: “ Sempre en Galicia ” Con motivo desta celebración, e gracias aos nosos promotores, puxemos en marcha, dende o día 22 de febreiro deste ano, este Concurso-Sorteo.     Os Premios-Agasallos que se sortearán serán os seguintes: *** 4 Reloxos da marca DOGMA. *** 2 LOTES de Queixos do Xurés . *** 2 LOTES de Productos Artesanais do Caurel. (Caurelor). *** 4 Empanadas – dúas de atun e dúas de carne. *** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “MIRADOR DA RIBEIRA” en Viana do Bolo (Ourense). *** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “ HOTEL-RURAL O RETORNO ”. Viana do Bolo (Ourense). *** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “ Xanela da LÚA ”. Lira-Carnota (A Coruña). *** 1 BONO GASTRONÓMICO – Un Xantar gratuíto para dúas persoas nun dos 10 Restaurantes Asociados de AROUSA NORTE . ***

Programa do 8 de maio do 2010

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes, despois de dúas semanas sen emisión, e damos lectura a varias das informacións que nos chegan á Redacción, mesturándoas con algúns cortes de música galega recén estreados, como son os discos de Anxo Lorenzo (Tirán) e algún que outro máis. A primeira comunicación telefónica é con Xulio Costa Martínez , un asíduo oínte da nosa emisión en Cornellà, que nos fai unha petición especial: chamar a seu fillo ANXO e felicitalo a traverso da nosa radio. Así lle-lo prometemos e tamén lle dedicaremos unha peza de música. Infórmanos da Excursión que realizaron dende a A.C.G.Rosalía de Castro ás Terras de l'Ebre, unha fermosa experiencia da que disfrutaron todos os asistentes. Felicitamos aos organizadores. Tamén lle prometemos sendos números para o noso Concurso-Sorteo do 24 aniversario de Sempre en Galicia e 30 Aniversario da A.C.G.Rosalía de Castro, tanto para el como para a súa dona, Mª Anxos Rodríguez Serrano. Novamente máis informacións , mes