Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

ULTIMO PROGRAMA DESTA TEMPADA 2013-14

28 de XUÑO do 2014 Nesta ocasión tivemos que comezar cunha serie de condicionantes debido a unha "avaría" nos estudios... Pero coido que poderedes escoitar esta nosa emisión cunha mínima calidade. Dámoslle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e oíntes. A primeira comunicación-entrevista é con INMA GRASS , responsable do selo " Folmusica " e a nosa "correspondente" das novidades musicais galegas. Fálanos do exitazo de KEPA JUNQUERA en Madrid e das próximas edicións musicáis que teñen previsto publicar. Unha pequena intervención para escoitar algunha peza galega da nosa biblioteca musical, denantes do impás da publicidad e deseguida voltamos para a segunda parte do programa.  Na segunda hora poñémonos en contacto con XOSÉ LAMELA , o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao convidado desta ocasión: don MARCIAL MOUZO , responsable do programa PENSANDO EN TI , da Radio Galega . Tamén temos en antena ao noso poeta da Mariña L

Programa do sábado 31 de MAIO do 2014

Levan adiante este programa LAURA SANTOS e ARMANDO FERNÁNDEZ, excusando a miña presencia por mor da impartición dunha Conferencia no Centro Galego de Lleida, sobre as Letras Galegas-2014. Comezóu o programa escoitando algo de música galega e conectando con Galicia para falar con don  RAMÓN BLANCO , que presentará un libro de NICALASA AÑÓN PAZ (Outes 1810-1887), a utora analfabeta do século XIX, irmá do coñecido poeta outense Francisco Añón (1812-1878). Tamén interveño eu dende Lleida para agradecerlle a Ramón a súa colaboración e participación no noso programa. Deseguida volven a conectar con Lleida para falar con don JOSÉ TERCEIRO FOLGAR, Presidente do Centro Galego de Lleida quen aproveita para informar das diferentes actividades que veñen realizando, a Conferencia das Letras Galegas, visita do Presidente da Xunta de Galicia... ...etcétera. Falan con SANTI VELOSO , responsable do Programa PONTE NAS ONDAS , que veñen de celebrar o 20 aniversario da emisión cesta emisión de r