Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

SÁBADO 30 de ABRIL do 2022

Unha nova emisión do noso programa. Comezamos coa escoita da nosa sintonía de sempre e conectamos con FRAN SIEIRA Compañía de DANZA , para felicitalo pola recente celebración do Día Internacional da Danza. Acaban de ter un "exitazo" en Vigo coa interpretación da obra "Demente". Infórmanos das próximas actuacións en Vilalba e en Santiago de Compostela. Desexámoslle moitos éxitos. Conectamos agora co noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña , para que nos envíe a súa crónica semanal de noticias, escollidas entre outras moito que poden recoller máis polo miúdo na páxina "quepasanacosta.gal" , que sempre lle comentamos a tódolos seguidores. A terceira intervención é a de MANUEL PÉREZ ÁLVAREZ , que participa dende Hospitalet de Llobregat, onde reside. Quedamos que voltaríamos a telo nos estudios en vindeiras datas. Agradecémoslle a súa escoita e seguimento do noso programa. Despois volvemos novamente a Galicia para recibir a  Fernanda Follana N

SÁBADO 23 de ABRIL do 2022

Retomamos a emisión deste programa de dúas horas de Radio en Galego, despois do lecer da Semana Santa. Facemos as salutacións de benvida e ofrecémoslles un bocadiño de música para recibirmos a primeira intervención dende Galicia: Fernanda Follana Neira , a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, que nos fai a súa crónica semanal.  A segunda participación é a do noso colaborador e amigo Henrique Fez-Mon Sánchez , dende Navia de Suarna. Agradecémoslle a súa aportación e participación. Falamos con ROSALÍA MORLAN , poeta e escritora galega, que está a asinar libros, da súa autoria, na Praza Ibiza de Barcelona. Foi convidada pola AC.G. Saudade e patrocinada por Política Lingüística. Felicitámola e desexámoslle moitos éxitos. Tamén recibimos a crónica semanal do nosos correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña . A súa aportación informativa é de grande interese e importancia para nosoutros e agradecémoslle a súa aportación en nome de tódolos oíntes e seguidores que nos fan chegar

SÁBADO 2 de ABRIL do 2022

Primeiro programa do mes de abril. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e dámoslles a nosa benvida, anunciando que o programa de hoxe é "enlatado", pero que grazas ao noso técnico Kiko Belinchón , podemos ofrecerlles estas dúas horiñas de radio en galego "cáseque coma sempre".   Escoitamos unha peza de Tanxugueiras para darlle a ben-vinda ao noso correspondente na Costa da Morte Oskar da Fontiña . Agradecémoslle a súa colaboración semanal que resume como sempre, aínda que podesdes ampliar as súas noticias, como sempre, na páxina quepasanacosta.gal. A segunda intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira , que sempre ten unha intervención moi acaída e moi interesante para todos nosoutros. Despois conectamos coas Rías Baixas para recibir a colaboración do noso amigo e correspondente Xulio Simón , que tamén nos axuda a coñecer un pouquiño máis da Cultura Galega en xeral, e moi particularmente a de dúas donas galegas relevantes.