Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Sábado 27 de ABRIL do 2019

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar a "Grándola Vila Morena", para conmemorar a "Revolución dos Cravos", dese 25 de Abril. Esa música sérvenos para saudar e recibir ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista que ten como convidado para a primeira intervención a Lino Perdiz , membro de PLABALI e grande coñecedor da zona. Fálannos das moitas oportunidades que se deberían aproveitar para aumentar os recursos da zona e poder disfrutar das moitas melloras que se precisan naquela contorna. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e despedímonos ate a vindeira emisión. Continuamos o programa dando coñecemento de varias novidades e informacións recibidas na Redacción da nosa Radio, como é a próxima visita de Iolanda Zúñiga á Universidade de Barcelona, prevista para o día 30 de Abril ás 9:30 horas... A segunda hora comezámola coa intervención do noso correspondente nas Rías Bai

SÁBADO 13 de ABRIL do 2019

Un programa máis con todos vosoutros. Comeza a emisión ARMANDO FERNÁNDEZ , que hoxe atópase "sosiño" nos estudos, xa que un serividor está de viaxe coa familia. Despois das salutacións de rigor e escoitando un bocadiño de música conecta con XOSÉ LAMELA  BAUTISTA , que ten como convidado a don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO , asiduo colaborador do noso programa e un Cociñeiro de grande renome naquela contorna. Fálannos da "VII Festa da Caza do Xurés" , que se celebrará nestas datas de Semana Santa. Desexámoslle moitos éxitos. A segunda comunicación é co 4º Tenente de Alcalde de TUI , Concelleiro de Cultura, Patrimonio, Medio Ambiente e Deportes don EDUARDO FREIRÍA MARTÍNEZ , que moi amablemente nos atende para poñernos ao corrente da "Festa do MEIXÓN" , que se celebra dende o 6 ao 29 de Abril. Unha recuperación desa ancestral forma de pescar e degustar o "Meixón", que non se debe confundir co mexilón, xa que así se chama á "ANGULA" ne

SÄBADO 6 de ABRIL do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros, para ofrecerlles novidades, entrevistas, música, conexións e moitas cousas máis. A primeira conexión é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista , que ten como convidada de hoxe a Marta Delgado González , de Mira Xurés , que nos informan moi detalladamente de varias actividades que teñen previsto realizar naquela contorna do Gerés-Xurés. Andainas moi interesantes e tamén o Walking Festival Xurés previsto para os días 14 a 21 de ABRIL. Fermosas propostas para aproveitar e disfrutar do sendeirismo e da gastronomía local. A segunda intervención é a do Sr. Barrerio , encargado e coordinador das "Xornadas Técnicas de Promoción e difusción do viño no Camiño" , en San Miguel de Sarandón, e que forman parte da "XXXIX Festa do Viño do Ulla" en VEDRA. Unha cumprida e abondosa información que ofrecemos aos nosos oíntes e seguidores, agardando poder compracelos. Na segunda hora comezamos sempre co