Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012
28 de ABRIL. Hoxe teremos un programa algo diferente do que acostumamos cada semana. A programacion está condicionada pola necesidade de acudir a outros compromisos. En primeiro lugar dámoslles a coñecer a triste noticia do pasamento de don XAIME ISLA COUTO , o ultimo personaxe da "Xeración Galaxia".  Dedicaremos a maior parte destas dúas horiñas de radio a informarlles dalgunha novidade acontecida e tentaremos aproveitar a ocasión para facer un percorrido, máis ou menos interesante, pola vida e obra de don VALENTÍN PAZ ANDRADE , a quen se lle adican as "Letras Galegas 2012". Durante todo o ano faránse unha morea de actos e moitas actividades no seo das nosas Asociacións Culturais, e conmemorarán esta celebración con algunha que outra Conferencia. Especialmente será a celebración do día 17 de maio, que é a data fundamental do "Día das Letras Galegas" . Nós queremos ofrecerlles un pouco de información sobre este personaxe tan importante na vida Cultur
21 de ABRIL Este sábado tentamos levar adiante un programiña con algunha que outra "sorpresa" e "primicia" coa que sorprenderemos a tódolos nosos oíntes e seguidores. Na primeira hora, como é habitual, conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos ten preparado un convidado especial. Seguro que nos falará do que aconteceu a semana pasada en Entrimo. Non puidemos conectar con don José Antonio Amoeiro (a súa proposta desta semana), pero a conversa con Xosé foi moi interesante e amena. Esoitamos algunha peza de música solicitada polos nosos oíntes e seguidores. Tamén emitimos pola Internet... Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, esta vez con máis éxito, e da man de Xulio Simón mantemos unha pequena conversa con KIKO DA SILVA , que nos fala da inauguración da Escola de Banda Deseñada Galega en Pontevedra, que leva por nome: Garaxe Hermético, en lembranza de Moëbius, tal e como nos explica o

Programa do sábado 14 de ABRIL

14 de ABRIL do 2012 Despois de dárlle-la ben vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, comezamos informándolles das propostas para estas dúas horiñas de radio en galego. Escoitamos unha peza de música do ultimo CD de María do Ceo : "FADO CON OUTRO ACENTO" e aproveitamos para saudar ao noso correspondente na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao convidado desta semana: O Sr.Alcalde de Entrimo , don RAMÓN ALONSO LÓPEZ , quen nos informa das actuacións que se están a levar a cabo nese Concello pertencente á Reserva da Biosfera, como parte do Parque Internacional Transfronteirizo Peneda-Xurés. Un honor para a nosa emisión poder conversar con eles. Na segunda hora poñémonos en contacto con don ANTONIO ALVAREZ, Presidente da Asociación Castaño y Nogal (responsables da rehabilitación e reconstrucción do sendeiro de 16 quilómetros Quintá-Río Donsal ), quen nos fala do Acto de Homenaxe que teñen previsto realizar no Auditoiro da ONCE, en Coruña, para entregarlle-los distin

31 de marzo

Ultimo programa denantes da SEMANA SANTA Comezamos, como cada semana acompañado de ARMANDO FENANDEZ. Nos controis o noso técnico MARC FORT. Despois da sintonía e dunha pequena introducción, deseguida conectamos con Galicia para mantermos unha conversa moi interesante con XOSE LAMELA e o seu convidado de hoxe: don FRANCISCO FUMEGA, ex Delegado de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e actual Xerente do Solo Empresarial do Atlántico. Premendo abaixo podedes escoitar as diversas intervencións. Na segunda hora, coma sempre, conectamos con XULIO Simón, que sempre nos ten escollidas algunhas interesantes noticias para todos. Desexámoslle unhas moi ¡Felices Pascuas! Para finalizar conectamos novamente con Galicia, nesta ocasión con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, co que tiñamos unha débeda, xa que ultimamente non puidemos comunicarnos con el, pero que dende agora retomamos a mesma andaina de sempre e voltaremos á rutina de cada semana, para deleitarnos coas creacións e compos

Programa do 24 de MARZO

Sábado 24 de marzo. A dirección do programa, nesta ocasión estivo a cargo de ARMANDO FERNÁNDEZ, o noso estimado colaborador e director do programa " Galegos no BAIX " , no 89.4 da FM en RADIO Sant Boi.  Seguindo a liña de anteriores emisións, conecta con Galicia, concretamente coa Baixa Limia para manter unha " conversa a tres bandas " con XOSÉ LAMELA e co seu convidado don DOMINGO, cociñeiro Xefe do Balneario de Lobios, que ven de recibir a recente distinción en calidade de Euro-Toque. Unha colaboración-entrevista moi interesante, que podedes escoitar enteira aquí: Na segunda hora a consabida conexión coas Rías Baixas para falar con XULIO SIMÓN, o noso correspondente semanal que escolle unha serie de interesantes informacións relacionadas coa cultura galega. E para rematar conecta con ABEL LÓPEZ SOTO, ex-Alcalde de SADA (A Coruña). Unha entrevista interesante que serve de comezo para voltar a conectar en vindeiras ocasións.