Comeza o programa coa ausencia de Laura Santos e mais un servidor, por diversos motivos. Nos controis técnicos, coma sempre, KIKO e nas locucións Armando Fernández e Xosé Lamela . Despois dos saúdos de benvida, temos a primeira conversa-entrevista con CARLOS JAVIER González , cociñeiro monfortino do Restaurante MERENZAO de Sober, que nos fai partícipes das súas inquedanzas e infórmanos dos seus proxectos. Despois de escoitar unha peza de música tradicional conectamos novamente con ANA BELÉN , apicultora e propietaria de "LA ABEJA AZUL" , que é a empresa que ten en Cacabelos. Agradecémoslle a súa amable atención. Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN , que nos presenta á cantautora, xornalista e grande artística polifacética SOFÍA ESPIÑEIRA , con quen mantemos unha fermosa conversa relacionada coa súa traxectoria musical e persoal, moi interesante. Antes de finalizar conectamos con PACO RIVAS , na Mariña Lucense, que sempre ten unha conversa moi lúcida e
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas