Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2012

Sábado 17 de marzo

No programa de Hoxe temos algunhas novidades e "primicias" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente na Baixa Limia: Xosé lamela, que nos presentará ó seu convidado de luxo: don Francisco Rodríguez (Paco), Alcalde de Ourense. Despois recibiremos no estudio a dúas gaiteiras noviñas, Paula e Sara, de catorce e once anos respectivamente. Veñen acompañadas de Mª do Carmo Rigueiro, mai de Paula e da súa avoa. Tamén conectaremos con Galicia, unha vez máis, para falarmos de poesía con MªNeves Soutelo e con Manuel L.Rodrígues. E durante estas dúas horiñas pretendemos darlles a coñecer o ultimo traballo de "QUEMPALLOU", que nos acaba de chegar, recén publicado. Así pois, coa compañía de ARMANDO FERNÁNDEZ, comezamos a emisión de hoxe ofrecéndolles a primeira peza dese ultimo disco de QUEMPALLOU: Vellas Novas , Foliada do Viño. A seguir conectamos con Galicia e falamos con Xosé Lamela e co Sr.Alcalde de Ourense, don

10 de MARZO do 2012

Sábado 10 de Marzo O programa deste serán ofrecémosllo grabado no estudio 2 da nosa Radio. Hoxe faise un acto de importancia relevante na nosa " A.C.Galega Rosalía de Castro " : Día da Dona , e temos a obriga de asistir e participar nel. Para nosoutros é unha honra podermos colaborar neste acto adicado ás donas. Esté previsto que faga unha conferencia o señor Jordi, falando da poesía e nosoutros estamos convidados a declamar dúas composicións poéticas. Polo tanto o programa de hoxe emitirase despois da grabación que fixemos. Agardamos que sexa do seu agrado. Nestes primeiros compases tentamos falarlles da vindeira inauguración ou máis ben da "reposición" do programa: "Galegos no Baix" , que comezarase a emitir, no 89.4 da FM (Radio Sant Boi) a partir do vindeiro martes día 13 dende as Catro ata as Cinco. Tódolos martes de catro a cinco. A dirección correrá a cargo do noso colaborador Armando Fernández , e contará coa colaboración de Masito Beiró e Xos

sábado 3 de MARZO do 2012

Emisión do 3 de MARZO   Comezamos o programa dándolle un adianto, aos nosos seguidores, do que tentamos facer nestas dúas horiñas de radio en galego. A primeira intervención-comunicación con Galicia é para falarmos con Xosé Lamela e coa súa convidada proposta, dona Mª do Carme Acuña do Campo , Diputada no Parlamento de Galicia. Falamos da súa pregunta no Parlamento relacionada coa supresión das "Urxencias de Farmacia" en Bande. Novamente comunicámonos con Galicia, e nesta ocasión con Juan Carlos Barral , da Queixería Barral , en Arzúa, para falarmos da "37 Festa do Queixo de Arzúa-Ulloa". Recibimos no estudio a Hermitas, Conchita e Manuela , socias da "Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro" que nos veñen a falar dunha serie de actos que teñen preparados para conmemorar o "Día de la dona", na Entidade e na cidade de Cornellà. Convídannos a asistir o vindeiro sábado día 10 para que asistamos á Conferencia que se realizará no Centro e