Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

SÁBADO 30 de MARZO do 2019

O ultimo programa do mes de marzo con todos vosoutros. Temos que disculpara a participación dos nosos colaboradores semanais, Xosé Lamela, Xulio Simón e Fernanda Follana, que teñen outras obrigas que atender. Despois de darlles a nosa máis cordial benvida, poñémonos en contacto co noso amigo e antigo corresponsal da Axencia EFE en Padrón, MASITO BEIRÓ, que nun tempo foi o noso correspondente en Galicia, para participarlle os nosos parabens porque xa se atopa disfrutando da xubilación e aquelas pequenas incomodidades de saúde parece que xa remitiron. Aproveita para darnos coñecemento de varias e interesantes noticias, que seguro profundizaremos en vindeiras ocasións. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe. Segidamente falamos con Montse González de Verso a Verso , que ademais de notificarnos algunhas das actuacións nas que participou, agasállanos coa recitación dunha poesía adicada ao viño Mencía. Unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡Moitas

23 de Marzo do 2019

Un programa máis con todos vosoutros. Comezamos ofrecéndolles unha peza musical para  comunicar directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista . Nesta ocasión mantemos unha conversa-entrevista chea de coñecementos e ensino que lle agradecemos moito e despedímolo ate a vindeira semana. ¡Moitas grazas pola túa colaboración semanal, Xosé! A segunda intervención é a de Daniel Bellón , un grande da nosa música galega. Profesor e virtuoso da Gaita, que tamén toca outros instrumentos. Fálanos da súa traxectoria profesional e das creacións e próximas novidades que están a preparar. Tamén nos pon en antecedentes desa Escola Bellón-Maceiras de Fene, que conta con moitísimos alumnos que están a darlle moitas satisfaccións. A segunda hora comeza coa conexión co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa , que nos presenta ao Catedrático don Xesús Alonso Montero , cos que mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e anécdotas moi interesante

Sábado 16 de Marzo do 2019

Comezamos outro programiña máis de dúas horiñas de radio en galego, dándolles a ben-vinda e saudando á nosa amiga poeta dona Miriam Ferradáns Ferradás , que nos acompaña hoxe nos estudos e á que lle agradecemos a súa participación nestes primeiros instantes. Témola aquí porque ven impartir unha Conferencia que leva por título: "As Mulleres da Conserva Galega" . Este é un dos moitos actos que están a desenvolver na Asociación Rosalía de Castro de Cornellà , como integrantes do Consell de la Dona. Agradecémoslle a súa participación desinteresada. Despedímonoso ate a vindeira semana á mesma hora. Quedan en boas mans, con Armando. A seguinte comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xose Lamela Bautista , que nos pon ao corrente da súa aportacion semanal, sempre chea de interese para todos nosoutros.  Despois de escoitar algunhas pezas musicais conectamos con Galicia para falar con SES, María Xose Silvar , que acaba de publicar un novo CD que leva por título:

SÁBADO 09 de Marzo do 2019

Comezamos outro programa máis ofrecéndolles unha peza da cantautora  MARÍA DO CEO , para conectar con Galicia e recibir ao noso correspondente na Baixa Limia  Xosé Lamela Bautista , que nos ten preparada a participación de don  ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO , asíduo colaborador e escritor no Xornal "La Región" de Ourense, grande dinamizador cultural, responsable e Padrón en varias Fundacións galegas, como a de Curros Enríquez... Mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e prometémonos voltar a conectar con eles para seguir recibindo informacións e novidades. Seguidamente escoitamos unha peza musical, concretamente  REXURDIMENTE , que acaban de poñer no "youtube" as  "De VACAS" ,  un Grupo musical moi interesante e cos que tiñamos moitas ganas de falar. Chamamos a  Paula , unha das compoñentes, que nos atende moi amablemante e danos cumprida información da súa creación e traxectoria musical. Desexámoslles moitos éxitos. En vindeiras datas tentaremos

2 de MARZO do 2019

Un programiña máis con todos vosoutros, tentando pasar dúas horiñas de radio en galego, con novedades musicais, entrevistas e conversa entretidas... Precisamente falando de música ofrecémoslle a escoita dunha peciña musical do último CD das "Tanxugueiras" . Despois das salutacións conectamos coa Baixa Limia para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos presente á convidada doutora dona PATRICIA PAZOS CRESPO , médico rural en Lobios. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante, relacionada con esa profisión tan importante naquelas zonas tan pouco poboadas. Agradecémoslle a súa amable atencion e comentamos a posibilidade de continuar a nosa conversa en vindeiras ocasions, para seguir falando doutros aspectos arraigados no tradicional galego. A segunda intervención é a de dona CARMEN PICHEL , a nosa amiga costureira de grande prestixio , afincada en Lestedo, que nos fala da "XXXVI Festa da Filloa da Pedra de Lestedo, en Boqueixón" . Danos unha ampla e c