viernes, 19 de mayo de 2017

SÁBADO 13 de MAIO do 2017

Un sábado máis tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos conectando con OLIVER Fernández, o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa dos diferentes Actos que están realizando ultimamente e convídanos a participar nos que se celebrarán nas vindeiras fins de semana, especialmente a Festa Galega de CAN Mercader, coincidindo coa Festa Major de Cornellà, que este ano será unha fita especial na que contaremos con LUAR NA LUBRE.

A segunda intervención é con RUBÉN Riós, que virá a Badalona a presentar a película que leva por título VIDA, ademais de participar na celebración do "20 Aniversario de Agarimos", na vindeira fin de semana do 20 e 21 de maio.

Despois conectamos con Galicia para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre ten preparada unha serie de novidades e comentarios moi interesantes.

E antes de finalizar o programa de hoxe conectamos novamente con Galicia para falar con FERNANDO Gallego, un xoieiro-artesán en Serra de Outes (A Coruña). 
Despedimos o programa ate a vindeira semana, que voltaremos con máis novidades e moita música. ¡Que sexan felices!

No hay comentarios: