Un programiña máis con todos vosoutr@s. Dúas horas de radio en galego, pero que nesta ocasión serán moi feiticeiras e produtivas, xa que contaremos cunha visita excepcional. Despois das salutacións de rigor, escoitamos un bocadiño de música e dámoslle paso á primeira comunicación: O Sr. Presidente do Centro Galego de Lleida , don Xosé Terceiro Folgar. Comentamos con el as diversas actividades que veñen de realizar no pasado mes de febreiro, con motivo da súa Semana Cultural, na que contaron cun repertorio de actividades moi interesantes, nas que destacan unha Conferencia a cargo do Director do Xornal "La Mañana", de Lleida; a Mostra e exposición dos traballos das Donas da Entidade, a Chocolatada e Debuxos dos Nenos; a presentación do número 33 da Revista "Xurdimento 2020" a cargo do Subdirector Director Xeral de Emigración e das Comunidades Galegas, don José Antonio Casas Calviño; a Asemblea Xeral... e moitas cousas máis. Tamén nos adianta a próxima celebración d
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas