Comezamos o programa conectando con Pedro RIBEIRO , do "Centro Galego NÓS", de Sabadel l, que é o responsable do seu Restaurante, e que está nunha feira Medieval no Vallés, como representante da Entidade e amosando as súas especialidades gastronómicas. Conversamos con el sobre as actividades que ven realizando ultimamente no Centro Galego NÓS e nas vindeiras celebracións. Agradecémoslle a súa aportación e amable atención. A nosa compañeira LAURA SANTOS , fainos unha pequena semblanza da celebración que se está a realizar no C.G.AIRIÑOS da NOSA GALIZA , de Santa Coloma de Gramanet, así como das actividades que teñen previsto realizar. Despois falamos con JUAN PEDRO , Presidente de ASOBECAT , que teñen previsto realizar a "Castañada Popular de Asobecat 2015", na súa sede do Restaurante "Rincón de Galicia" de Polinyà , o vindeiro día 31 de outubro, acompañado dun xantar extraordinario. Tamén nos comenta, en primicia para tódolos nosos oíntes e segui
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas