Voltamos a estar con vosoutros Antonio Díaz e mais un servidor, con moitas ganas de que pasen un ratiño agradable coa proposta de programa que temos para hoxe. Aínda que así o anunciamos, como o ultimo programa do ano, non por eso deixamos de entreter e facérvolo pasar ben. A nosa teima era comunicármonos co maior número de amigos e colaboradores que de cando en vez participan con nosoutros neste programa. Os intentos tivémolos, pero entre a competencia (estaban a radiar o partido do Barça), o frío e as comunicacións que non ían tan ben como quixeramos, o caso é que tan só puidemos comunicar cos que aquí tedes destacados, e que podedes descargalos para escoitar cómo nos felicitan o Nadal e cómo lle-lo felicitamos nosoutros tamén: Comezamos con Xosé Carlos , o responsable de Cultura da Asociación C.Galega Rosalía de Castro. Non foi posible conectar co presidente, don Ricaardo Pérez Anta, pero enviámoslle os nosos mellores desexos para estas datas. A seguinte comunicación foi con Manoel
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas