Comezamos a nosa emisión especial de hoxe saudando a algúns mebros do Xurado do " 36 Certame de Poesía Rosalía de Castro ", que como cada ano se achegan aos estudos para deixar constancia da súa participación e plasmar a súa presencia nunha instantánea conmemorativa. Comentan a súa participación e aproveitamos para escoitar unha peza musical para celebrar o día da violencia de xénero, reivindicativa, interpretada por María do CEO : MORADA DE BAGOAS. Precisamente esta peza musical axúdanos a recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY , que ten preparada a súa crónica semanal escollida, entre as moitas noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. A continuación, e porque aparecen uns pequenos atrancos para a comunicación telefónica, Armando dalles cumprida información das pezas musicais que están relacionadas precisamente co concerto que ofreceu o venres pasado o noso amigo, Profesor, Investigador, Pandereteiro e grande Cantautor XABIER DÍAZ .
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas