Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

1º Programa do ano 2016

9 de xaneiro do 2016  ¡¡¡ FELIZ ANO e BEN VIDOS !!! Comezamos este primeiro programa do 2016 con azos e ganas de facervos pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de engado e ledicia. Nesta primeira emisión tan só se atopan nos estudos LAURA SANTOS e ARMANDO FERNANDEZ , e nos controis técnicos KIKO . O resto do equipo, Xosé Lamela un chisco indisposto; Xulio Couxil nunha Rolda de Prensa e Xulio Simón recollendo o Título dun traballo realizado no verán pasado. O equipo segue en pé, como en anos anteriores, e tentaremos ofrecervos o mellor de cada un de nós.  A primeira conversa-entrevista deste ano é con don XOSÉ CARLOS G.G ., Presidente de XUNTANZA e membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro. Tratamos diversos aspectos das Asociacións Galegas en Cataluña e moi en particular da nosa Asociación, así como dos recentes Premios de Poesía Rosalía de Castro e outros aspectos relacionados cos futuros proxectos das Entidades as que facemos referencia.  A segunda comuni