Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

SÁBADO 27 de OUTUBRO do 2018

Outro programa máis con todos vosoutros. Dámoslle a ben.vinda e saudamos ao equipo Laura Santos , Armando Fernández e Kiko Belinchón . Propoñémoslles que escoiten unha peza do ultimo CD de Son de SEU, titulado BEIRALUA , e conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela que nos presenta ao convidado de hoxe, don X osé Benito Reza . Mantemos unha conversa chea de ensino e moi ilustrativa.   Despois conectamos coa A.C.G.Saudade , onde se atopa Santiago Lorenzo Sueiro , que nos fai de correspondente e pasamos a falar con don J UAN SANCHEZ PLANELL , que ten previsto presentar o seu libro BUENOS, MALOS Y UTOPÍAS .  Seguimos con máis informacións e nesta ocasión falamos con don OLIVER FERNÁNDEZ , Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellá, que nos pon ao corriente das múltiples actividades que realizaron e das que están a piques de celebrar. Convídanos a celebrar e disfrutar do Magosto popular na Entidade, prevista para o vindeiro sábado 3 de novembro e moitas

SÁBADO 20 de OUTUBRO do 2018

Comezamos dándolles a ben-vida e despois de escoitar unha peciña musical poñémonos en contacto co noso correspondente XULIO SIMÓN , que nos ten preparada a participación dun convidado especial: IVAN RAÑA , un grande deportista galego que ten acadado múltiples 1º Premios na súa especialidade de "triatlon" e que ven de participar recentemente nunha "ironmaden" na Illa de Kailua-Kona en Hawái. A conversa ía moi ben ata que as cuestións técnicas e as conexións falláronnos. Lamentamos esta interrupción, pero procuraremos facer outra entrevista máis extensa e exaustiva, para máis adiante. A segunda comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista , que tamén ten preparada a intervención doutro convidado SERGIO SILVA BAUTISTA , biólogo, investigador e grande coñecedor das augas dos nosos ríos e embalses. Conversamos e axúdanos a coñecer un pouco máis aquelas contornas galegas. Falamos despois coa nosa encargada da sección "NO ES

SÁBADO 13 de OUTUBRO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes, que encetamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peza do CD "1952" de TANXEDORAS , que hoxe será presentado en Allariz, coincidindo co "Poemagosto" que se celebra nesa vila Ourensana. E sírvenos para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia " Xosé Lamela " que sempre ten preparado algún convidado especial. Non puidemos manter a conversa que tiñamos prevista, pero seguro que ao longo do programa tentaremos conectar novamente para ofrecerlles a conversa que tiñamos previsto. FERNANDA Follana Neira , Profesora de Educación Física, Corresponsal de "La Voz de Galicia" na zona dos Ancares, colaboradora con moitas publicacións culturais e que dende hoxe será a nosa correspondente naquela Montaña Luguesa. Fainos unha pequena reportaxe resumida, de varios aconteceres naquela contorna. Tamén temos en antena ao noso colaborador Kike Fernández-Mon Sánchez, que nos aporta as súas suxerencias

Sábado 6 de Outubro do 2018

Comezamos nova tempada escoitando unha peza de XABIER DIAZ e as Adufeiras, "Noro". Mañá veñen ao CAT de Barcelona a presentar este CD e de seguido conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela , que nos presenta ao seu convidado: Cristian Oliveira Brito , historiador e un dos artífices da posta en marcha da publicación "O Picaraño", que xunto coa compañeira Reyes Rodríguez recuperarán esta cabeceira do Xornal que foi editado e fundado en Entrimo por Vicente González no ano 1909 e que tiña por misión principal Zurrar a badana ... ... Unha conversa moi interesante e agradable. Despois falamos con Santiago Lorenzo Sueiro que nos fala da posta en marcha do "Camiño VIA MARINA" entroncado directamente con Camiño de Santiago e que xa ten autorización e Compostelas dende a cidade de Girona, onde comeza, e despois de varias etapas enlaza con "Camiño Catalán" tamén de Santiago,  en Montserrat e uníndose ao Fra