Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2014

sábado 25 de xaneiro do 2014

Unha semana máis ofrecémoslles esta nosa emisión radiofónica, en galego, tentando que pasen dúas horiñas agradables, na nosa compaña. Todo o equipo ao completo: Laura Santos, Armando Fernández e un servidor, nas locucións, e o noso técnico Marc Fort, nos controis de audio. Comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia :  XOSÉ LAMELA,  preséntanos ao seu convidado de hoxe: don XOSÉ SIMOES , "patriarca" da TAVERNA DEL CLINIC . A conversa é moi enriquecedora e chea de engado. Os Simoes Brothers , unha saga de restauradores en Cataluña, que marcan unha tendencia gastronómica de primeira clase. Galegos que trunfan en Cataluña co seu traballo e que se gaban da súa procedencia (Padrendo-Ourense-Galicia). É unha honra para o noso programa poder conversar-entrevistar a persoas coma o Sr. Xosé Simoes . A bon seguro que non será a ultima vez que o incomodemos para que nos volva a deleitar coa súa conversa. Logo de ofrecerlles un chisco de música, voltamos a Galicia, neste caso ás R

18 de xaneiro

Un sábado máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programiña. Hoxe co equipo completo, aínda que temos que disculpar as participacións dos nosos correspondentes en Galicia. Temos alternativas para ofrecervos e como os estudios da radio enchéronse de visitas, aproveitaremos para departir con eles e vosoutros estas dúas horas de comunicación e novidades interesantes. Comezamos dándolle a ben-vinda a "O VAL DAS MOURAS" , un terceto musical que nos ven a presentar unha das súas composicións musicáis, adicada a Rosalía de Castro, e comentamos un chisco a súa creación.  O equipo, e os de ASOBECAT  Recibimos a don JUAN PEDRO SÁNCHEZ , membro da Junta Directiva de ASOBECAT (Amigos del Bierzo en Cataluña), que nos ven a presentar a XI FIESTA del BOTILLO en CATALUÑA , que se realizará o día 25 deste mes de Enero en el Hotel Campus de Bellaterra. Como o "personaxe" homenaxeado deste ano é a " Sociedad Deportiva Ponferadina ", aproveitamos para s

Primeiro programa do 2014

11 de XANEIRO do 2014 Un chisco máis tarde do normal, por mor da retransmisión deportiva, pero siempre cos bos desexos de que pasen un ratiño agradable e entretido coa nosa compañía e proposta. Comezamos un ano máis desexándolles felicidade a todos e propoñémoslles escoitar o ultimo disco de Kepa Junquera "GALICIA", do que xa fixemos algunha referencia en programas anteriores, pero que aproveitamos para poñer de fondo e saudar ao noso corresponden na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA , como é habitual na nosa emisión semanal. Seguimos escoitando un chisco máis desa música envolvente do LIBRO-disco que lles comentábamos antes e conectamos outra vez con Galicia, para saudarmos e falar co outro correspondente nas Rías Baixas (Combarro, concretamente), o noso amigo XULIO SIMÓN, quen nos corresponde cos bos desexos para este ano que acabamos de encetar e ofrécenos algunhas das novidades que se están a suceder por alí. Despedímolo, ata a vindeira semana, coa música de Kepa Junquer