Unha nova emisión do "Semprengalicia". Comezamos dándolle a ben-vinda ao noso amigo Manuel Rodríguez Julián , que foi o Primeiro Director deste programa. Escoitamos un bocadiño de música e conectamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández , que nos informa das diferentes actividades previstas para os próximos meses de novembro e decembro. Salienta a celebración do Magosto a vindeira fin de semana, sábado día 6 de novembro. Tamén comenta a Excursión a Peñíscola e Morella para o día 20 de novembro, a celebración do Campionato de Tute e a Celebración das Xornadas Culturais para o mes de decembro que culminarán coa cea de entrega de Premios do "35 Certame de Poesía Rosalía de Castro" . Agradecémoslle a súa participación. Despois poñemonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey , que dende unha aldea perto de Fisterra nos dá conta da súa aportación cultural e informativa relacionada con aquela fermosa terra galega. Tamén
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas