Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

SÁBADO 28 de OUTUBRO do 2023

Unha emisión máis deste programa de dúas horas en Lingua Galega. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións oportunas. Estrenamos unha peza musical que nos enviou  "Tatán" titulada "Bailar de novo" que nos serve para darlle a ben-vinda ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que sempre ten preparada unha crónica escollida das Noticias que se poden ampliar moi detidamente na páxina quepasanacosta.gal . Agradecémoslle a súa aportación e voltamos a escoitar outro bocadiño de música. Seguidamente conectamos con dona MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA , a quen felicitamos e parabenizamos efusivamente porque ven de recibir o título de MESTRE DA MEMORIA, xunto con Xan de Vilar . Fálanos da súa traxectoria como fotógrafa, como etnógrafa, como escritora e como recuperadora dos Entroidos, tanto galegos coma portuguese zamoranos e moitos máis. Séntese como unha verdadeira "Arraiana" e con moita querenza daquelas terras de Montalegre, Couto Mixto, Pitoes

SÁBADO 21 de OUTUBRO do 2023

Emisión do noso programa, un sábado máis, comezando coa nosa sintonía, os saúdos a tódolos nosos oíntes e seguidores, presentando o equipo, co noso Técnico de Son á fronte, Kiko Belinchón, e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos fai un resumo informativo do que sucede naquela contorna. Os interesados xa saben que poden seguir informándose na páxina quepasanacosta.gal. Esta emisión re-emítese en Radio Roncudo, Radio Neria, mañá domingo e en Radio Fene os luns. Desexámoslle que pasen unha feliz semana. A segunda intervención é a da Escritora, Narradora, Poeta e Actriz MARÍA LADO LARIÑO . Felicitámola e dámoslle os nosos parabens porque ven de recibir, xunto co resto dos actores e actrices da película "O Corno", a Cuncha de Ouro do Festival de cine de San Sebastián. Conversamos con ela sobre a película, que nos recomenda. Fálanos un chisco de qué vai o entramado moi feminino e ambientado en Galicia

SÁBADO 14 de OUTUBRO do 2023

Segundo programa desta tempada 2023/2024. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de costume e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal resumida, pero chea de información interesante. Coma sempre indica que se pode ampliar as súa informacións na paxína que eles coordinan quepasanacosta.gal , sempre accesible para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa aportación. A segunda intervención é a do Sr.Presidente da Asociación Cultural Galega Airiños da Nosa Galicia en Santa Coloma de Gramenet , don XOSÉ CANOSA . Felicitámolo polas moitas actividades e eventos que estan realizando ultimamente e recibimos información cumprida e moi importante, relacionada coa "9ª Festa Cultural do Pulpo" prevista para a seguinte fin de semana dende o 19 ata o 21 de outubro, no Parc Europa de Santa Coloma. Tamén nos informa doutras actividades e eventos importantes que teñen previsto real

SÁBADO 7 de OUTUBRO do 2023

Comezamos unha nova tempada 2023/2024, cos mesmos desexos de facer amenas estas dúas horiñas de Radio en Galego. Dámoslles a Ben-vinda coa nosa sintonía e os saúdos oportunos para poñer un bocadiño de música e aproveitar para conectar co noso correspondente OSCAR REY CALO , que dende a Costa da Morte, sempre ten preparada unha crónica de informacións e noticias moi interesantes. Agradecémoslle a súa colaboración, que poden ampliar na páxina quepasanacosta .gal , como xa lles temos dito noutras ocasións.   A segunda chamada é para podermos recibir información dende Terrassa, do Presidente, DON ANTONIO  da I.Galega O Noso LAR de Terrassa" . Celebran o 41 Aniversario da súa fundación e a "16 Festa gastronómica do Pulpo", prevista para os días 16, 17, 18 e 19 de outubro no mesmo Centro de Terrassa, nas Ramblas. Teñen previsto unha participación moi importante. Desexámoslles que teñan moita sorte e moitos éxitos. Conectamos con dona MARTA DACOSTA ALONSO ,  Viguesa, Poeta, Pr