Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

SÁBADO 26 de FEBRERIRO do 2022

Sábado de "Entrudio" que pretendemos celebrar ofrecéndolles dúas horiñas de Radio en Galego. Conectando con Galicia, entrevistas interesantes, dándolles informacións varias e adubiando todo con algunhas pezas da nosa música. A primeira intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte ( quepasanacosta.gal ), Oscar da Fontiña , que nos envía a súa crónica semanal. Escoitamos un bocadiño de música e dámoslle a ben-vinda ao noso amigo e colaborador Henrique Fedez-Mon Sánchez , a quen saudamos e agradecémoslle a súa participación de hoxe. Tamén saudamos a Olga Novoa , poeta en Ourense, que nos fala do novo número (o 6º) da Revista "Nós, a Xente do Redor". Agradecémoslle que nos atenderatan amablemente. Continuamos a emisión poñéndonos en contacto con María Carmen Caramés Gorgal , a quen felicitamos polo seu cumpleanos e tamén lle enviamos os nosos parabens por ter acadado o Premio Juan Gilabert, "XXXIX Premio Ciutat de Valencia" , pola súa obra que

SÁBADO 19 de FEBREIRO do 2022

Elisabeth Oliveira Comezamos, un día máis, este noso programiña de dúas horas en galego, coa sintonía de sempre e ofrecéndolles unha peza de María Bethania, para recibir á primeira convidada de hoxe, dona ELISABETH OLIVEIRA , Licenciada en Letras Modernas pola Univesidade de Lille e en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Falamos do seu libro de poesías "POESIS" que conten creacións nos catro idiomas: Galego, Portugués, Francés e Castelán. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos exitos. A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSKAR DA FONTIÑA , que sempre ten preparada unha crónica resumida dos acontecementos máis salientables daquela zona. Voltamos a repetir, coma sempre, que teñen máis ampliación desa noticias na páxina oficial de quepasanacosta.gal . ¡Moitas Grazas, Oskar! Continuamos o programa e recibimos a participación colaborativa do noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón , ainda que

Día MUNDIAL da RADIO

Como unha aportación máis a tódalas celebracións que se realizarán no Mundo enteiro, queremos facer esta nosa aportación para felicitar a tódolos RADIOFONISTAS do MUNDO coa fermosa e desinteresada participación do grande Actor Galego FEDERICO PÉREZ REY . Desexamos que teñan un fantástico día da RADIO e auguramos a Tod@s unha comunicación flúida chea de ensino e información segura. ¡FELIZ DÍA da RADIO!

Sábado 12 de FEBREIRO do 2022

Guadi Galego Outro sábado máis con todos vosoutros. Hoxe temos que disculpar a ausencia nos estudios do noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa disfrutando dunha actividade de lecer con outros moitos socios e amigos. Ofrecémoslles unha peza de música para poder conectar en directo con Guadi Galego , con quen falamos da súa próxima actuación do Barnasants mañá mesmo, día 13 ás 19h. Conversamos sobre o seu ultimo traballo "Costuras" , sobre os seus Concertos e previsións futuras... ... Agradecémoslle que nos atendera e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos. A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte Oscar da Fontiña , que nos fai a súa crónica semanal escollendo algunhas das noticias máis interesantes que suceden por alí. Os nosos oíntes e seguidores poden ampliar esta información entrando na páxina "quepasanacosta.gal" . Voltamos a indicar, a tódolos nosos oíntes e seguidores que este programa reemítese en Radio Roncudo e

Sábado 5 de FEBRERIRO do 2022

Comezamos a emisión de hoxe coa nosa sintonía de sempre, dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical para despois conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey , que sempre ten preparada a súa crónica semanal. Coma sempre algo reducida, pero que os nosos oíntes e seguidores poden ampliar na excelente páxina quepasanacosta.gal . Agradecémoslle a súa estimada colaboración e aportación. A continuación falamos con  Cándido Pazó , Director de escena Teatral, Autor, Narrador Oral e Actor Galego. Parabenizámolo porque virá a Barcelona a estrear a obra "Cigarreras" , en castelán, aínda que xa a interpretaron en Galicia e en galego "Gigarreiras". Estarán no Teatre Romea dende o día 22 de febreiro ate o día 6 de marzo. Adiántanos un bocadiño e infórmanos do contido desta obra baseada nun texto de Emilia Pardo Bazán. As entrada pódense reservar con antelación e teñen un custo máis barato si se mercan antes da estrea. Desexámoslles moit