Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2013

Programa do sabado 16 de febrero

Unha semaniña máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiña, en galego, para entretervos un chisco e axudar a espallar "as nosas cousas".  A primeira parte da emisión sempre está adicada ao noso colaborador XOSE LAMELA , na Baixa Limia, que nos presenta a alguén interesante e facemos unha pequena entrevista-conversa con el. Hoxe temos que disculpalo por mor de certos asuntos personais. Agardamos e desexamos que pronto se arranxen.  Votamos man doutros recursos e chamamos a ANA DOS SANTOS , poeta nobel que nos fala do seu libro de poemas : OJOS AMARILLOS . Ousamos pedirlle que nos lea un dos seus poemas e agradecémoslle a súa boa disposición e conversa amena. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos volver a charlar con ela noutro momento. A segunda parte dedicámoslle-la ao noso colaborador XULIO SIMÓN , que dende as Rías Biaxas, Combarro concretamente, fálanos de cousas moi ben escollidas e seleccionadas relacionadas sempre coa nosa cultura gal

SABADO 9 de FEBREIRO

Unha semana máis emitimos este programiña en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, tentando entretelos e pasar dúas horiñas de radio o máis amenas posibles. Dámoslle a ben-vida a todos e moi particularmente ao noso colaborador ARMANDO FERNÁNDEZ, e saudamos ao noso técnico MARC FORT, que sempre nos axuda en todo o preciso para que saiamos ao ar sen ningún atranco. Conectamos con Galicia, coa Baixa Limia, como cada semana. Xosé Lamela preséntanos a don X OSÉ MANUEL PÉREZ BOUZA , o ex-senador e portavoz do BNG en Ourense, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi amena, e que prometemos continuar en vindeiras ocasións. Dámoslle-las gracias e desexámoslles que pasen un ¡Bon Entroido! Recibimos con música do Bierzo aos responsables de ASOBECAT , Asociación amigos do Bierzo. Temos nos estudios a JUAN PEDRO SÁNCHEZ e a  TOÑO VIEIROS, que nos axudarán a manter unha conversa moi interesante co seu homenaxeado deste ano no "X FESTIVAL DEL BOTILLO EN CATALUÑA":

sábado 2 de febreiro do 2013

Unha semaniña máis encetamos este programiña en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, dándolles a ben-vida e saudando ao noso estimado colaborador e compañeiro de emisión ARMANDO FERNÁNDEZ, así como ao noso técnico MARC FORT, que sempre nos axuda a que todo esté nas óptimas condicións.  A nosa primeira conexión-comunicación con Galicia facémola a traverso do noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela , que nos presenta ao conversador-entrevistado DAVID PÉREZ LÓPEZ , arqueólogo de Bande e un grande coñecedor e defensor da Baixa Limia. Unha das sorpresas e interesante conversa de hoxe, é a intervención e charla co noso amigo  MANOLO BARCIA , Vicepresidente e Fundador da ASOBECAT , Asociación de Bercianos en Cataluña, que nos adianta información sobre a "Gran Cea do Botelo en Cataluña" e que neste ano homenaxeará a don José Luis Prada , un berciano de pro moi coñecido en toda a península polos seus productos con denomición de orixe e de primeira calida