Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

Sábado 20 de XUÑO do 2015

No programa de hoxe non contaremos coa participación de Laura Santos e Armando Fernández , por mor de certas obrigas persoáis de ámbolos dous, pero coidamos que faremos unha emisión digna e chea de contidos. En primero lugar achegámonos á Baixa Limia, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA , nos presente ao contertulio de hoxe, que ven de ser elixido ACADÉMICO da Real Academia das BELAS ARTES de GALICIA, don JOSÉ MARÍA EGUILETA FRANCO . Con eles mantemos unha conversa chea de aprendizaxe e moitos coñecementos.   Na segunda hora conectamos coas Rías BAIXAS, concretamente con Combarro, onde se atopa o noso colaborador XULIO SIMÓN , que tamén nos presenta outro contertulio, Sr.EVARISTO , un cetreiro de Cambados, que está preparando unha exibición desta especialidade tan interesante, nesa localidade, con motivo da celebración duns festexos medievais na propia localidade na que se atopan. Agradecémoslle a súa aportación.   Xa para rematar, conectamos co noso Poeta da Mariña Luc

Sábado 13 de XUÑO do 2015

Comezamos o programa conectando con Galicia, concretamente coa Baixa Limia , para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos presenta ao contertulio de hoxe, RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO , Alcalde do Concello de Amoeiro , e cos que mantemos unha conversa moi interesante. A segunda comunicación é con Abrahám e Xavier , responsables e coordinadores do ATLAS DOS POVOS EUROPEOS. Fan unha extensa e interesante exposición esta publicación e doutras importantes aportacións. Desexamos que sigan nesa teima de aportación cultural galega e seguro que voltaremos a manter conversas máis a miúdo con eles, para que nos informen delas. Comunicámonos con JUAN , da Asociación Cultural Galega AGARIMOS , de Badalona, que nos informa da celebración da "FESTA GALEGA" que se realizará a vindeira fin de semana esa localidade. Desexámollle moitos éxitos e seguiremos informando das súas actividades. Como colofón ao noso programa de hoxe, conectamos con PACO RIVAS , para qu

30 de MAIO do 2015

Comezamos o programa de hoxe conectando coa Baixa Limia, coma sempre, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos presente ao ilustre contertulio PADRE FONTES de Montealegre, Terras do Barroso, na Raia de Portugal. Unha conversa-entrevista que nos axuda a coñecer un chisco máis aquela zona e as moitas actividades culturais que desenvolven. Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN , o noso correspondente nas Rías Baixas , con quen recibimos unhas clases cheas de documentación e aprendizaxe.  Tamén aproveitamos para falar con MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN , que nos relata as celebracións previstas pola A.C.G.Rosalía de Castro , con motivo da FESTA GALEGA de Can Mercader (35 Aniversario), para os vindeiros días 5,6 e 7 de xuño, coincidindo coa Festa Major de Cornellà. Terminamos o programa informándolles de varias novidades que chegan á nosa Redacción e despedíndonos ate o vindeiro día 13 de xuño, que os convocamos a que volvan a escoitarnos.   Precisamente porque se celebr