Dúas horiñas de radio en galego para todos vostedes, oíntes e seguidores. Comezamos escoitando unha peza de música do Grupo "Son de Seu-Folk" e conectamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, don Oliver Fernández , que nos informa das actividades previstas para próximas fechas e convídanos a participar nelas. Despois conectamos con don HORACIO GIL EXPÓSITO , Ilmo.Alcalde do Concello de ARBO , que nos pon ao corrente da celebración da "LIX Feira-Festa da Lamprea" . Un grande acontecemento cheo de moitas actividades ao que nos convida para participar nel e disfrutar deste grande acontecemento gastronómico acompañado dos viños de denominación de Orixe Rías Baixas e Condado. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos. Atrévome a recitar unha das poesías que cada día nos envía a nosa grande poeta pastora Nieves Fernández Vidueira , adicada á Lúa e que leva por título: O Poder da Lúa. Ubaldo Pérez , do "Restaurante Los Ancares
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas