Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2011

18 de xuño

Ultimo programa da Tempada 2010/11. Comezamos, como cada fin de semana, saudando e dando a benvida a tódolos que nos sintonizan e seguen pola Internet. A primeira intervención é para propoñerlles que escoiten o tema 11 “Fendendo Achas” do primeiro disco de TALABARTE . E damos lectura a algunhas das noticias que comentaremos na edición de hoxe. Seguidamente poñémonos en contacto con don ALFONSO RICO, o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, para convidarnos a asistir á “31 FESTA GALEGA en CAN MERCADER”, os días 23, 24, 25 e 26 de xuño. Poderán asistir a moitos e diversos espectáculos, así como tamén disfrutar coa degustación de moitos productos galegos de calidade que alí se ofrecen. Conectamos con Xosé , un dos responsables do Restaurante “Os Galegos” de Granollers, que nos pon ao corrente da próxima “Festa Galega” que eles mesmos se encargaron de poñer en marcha e que se celebrará na cidade de Granollers o sábado día 17 de setembro. É a primeira vez que se fai este evento, unha e

11 de xuño do 2011

Este sábado comezamos escoitando unha "primicia" musical que nos enviaron os de LIORNA , despois seguimos con RIOBO ( Begoña Riobó, recoñecida violinista do panorama folk galego, sérvelle de nome á formación que lidera e mais ao primeiro disco da mesma. Riobó chega ás tendas da man de Zouma Records, e recupera melodías tradicionais con arranxos actuais dentro do estilo presentando 10 temas neste traballo. Para alén de Begoña, o grupo conta con Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e flautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (flautas e requinta). Begoña Riobó ten acompañado cos seus violíns de xeito habitual músicos como Carlos Núñez, Susana Seivane ou Anxo Lorenzo entre outros). Este disco enviónolo o noso colaborador SERXIO SEOANE, a quen lle mandamos a nosa máis sinceira salutación e gratitude pola súa aportación, xa que nos fai chegar moitas novidades relacionadas coa nosa música. Dámoslle información das novidades que chegan á nosa

SABADO día 4 de xuño do 2011

Nesta fin de semana tivemos a ocasión de facer un programa un pouco máis entretido e comentado, gracias á participación de varios colaboradores. No comezo anunciamos as diferentes seccións que tiñamos previsto realizar: Noticias e Informacións diversas, chegadas á nosa Redacción, Comunicación-Conversa con SERXIO Seoane, chamamos a Xulio Simón, e tentamos conversar con Juan Manuel, o encargado de levar adiante o Restaurante "Sanatorio Monte Aloia" en Vigo.  Así pois, despois da lectura dalgunhas novidades, conectamos con SERXIO SEOANE para que nos falara dos diferentes proxectos nos que está a traballar e das súas colaboracións e propostas para este verán, tal como a realización do concerto que fará Anxo Lorenzo en Castellón, a Festa Galega que se realizará en Granollers no mes de setembro, o envío que nos fixo do ultimo traballo de RIOBO , e que pronto teremos no noso programa para que os nosos oíntes poidan escoitalo... A seguinte comunicación é con XULIO SIMÓN ,