Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

Programa do 23 de OUTUBRO

Voltamos a dárlle-la ben-vida a tódolos nosos oíntes con algunhas noticias e novidades que nos chegan á Redacción, dende Galicia e outras de máis pretiño.    Queremos facer partícipes a todos e dámoslle, novamente, o enderezo do "facebook" SEMPRE EN GALICIA onde está a nosa páxina a funcionar e recibir toda clase de comunicacións e suxerencias. Xa temos unha morea de persoas que se fixeron amigos... A nosa primeira comunicación-conversa é con XOSÉ LAMELA, o Alcalde de Lobios e anterior Director deste noso programiña de radio en galego. Cóntanos algunhas novidades naquelas "Terras da Baixa Limia" que tanto añoramos algúns e que seguro moitos dos nosos oíntes e simpatizantes comparten inquedanzas e degoiros por estar alí, ao carón das "faldas" do Xurés-Gerés", un dos Parques Naturais máis grandes de Europa, e que paga a pena ir a visitar e disfrutar del. Continuamos a nosa emisión conectando novamente con Galicia, co noso correspondente semanal X

Progrma do 16 de outubro

Dámoslle a ben-vida a tódolos oíntes que se incorporan á nosa edición desta semana e propoñémoslle escoitar a BERROGÜETTO , concretamente o seu disco HEPTA, xa que nos visitaron esoutro día na Farga de Hospitalet e desexamos cumplir coa promesa de escoitar a súas creacións anteriores, cousa que nos solicitaron algúns amigos. Procedemos a dar lectura dalgunhas informacións e comunicacións que nos chegan dende Galicia. Anunciamos a colaboración, como non podía ser doutro xeito, do noso amigo e poeta PACO RIVAS , pero que non será ata a vindeira semana, xa que nestas primeiras datas do noso programa non estaba accesible, por mor dalgúns compromisos puntuais. Agardamos poder contactar con el. Voltamos a escoitar a música proposta ao comezo e seguimos con máis informacións e entre medias incorporamos algunha que outra peza da discografía que temos nos nosos arquivos. A segunda hora comezámola conectando con Galicia, como xa é habitual, e falamos con XULIO SIMÓN , o noso correspondent

Programa do 9 de outubro do 2010

Comezamos o programa anunciando que teremos unha retransmisión algo "accidentada" xa que teremos que conectar co Campo de Futbol do C.F.Cornellà que hoxe xoga coa Montañesa. Así que teremos a primeira hora con tan só uns minutiños de música e informacións. Denantes de nada facemos a presentación da incorporación, como colaboradora, de MARIA ROYO , dámoslle a ben-vida e desexamos que a súa aportación sexa o comezo dunha nova andaina chea de éxitos tanto para ela como para o noso programa. Continuamos e dámoslle paso a MANUEL R. JULIÁN , o primeiro Presidente da Asoc.Cultural Galega "Rosalía de Castro" . Fálanos da súa experiencia como primeiro "locutor-director" deste noso programa de radio "Sempre en Galicia". NOVIDADE IMPORTANTE: Xa podemos intercomunicarnos cos nosos oíntes, escoitantes e simpatizantes en facebook. Podedes agregarnos aquí :  Sempre En Galicia E tal como anunciabamos dámoslle paso á retransmisión deportiva da xornada

2 de OUTUBRO

Con Xulio, asiduo escoitante Comezamos esta nova tempada 2010-2011, cos mesmos desexos e intencións (anovados, claro está) de seguir entretendo, comunicando e dando a coñecer tódalas novidades que nos chegan á nosa Redacción, así como todo aquelo que pode ser de interese para tódolos nosos escoitantes, oíntes e seguidores.Así pois damos a coñecer unha serie de novidades e noticias que están a acontecer no noso entorno e na nosa Galicia, lembrando o pasamento de ANA KIRO e DORA VÁZQUEZ; figuras importantes da nosa cultura galega, cada unha na súa temática, claro está: ANA grande representante da música galega, e DORA unha das mellores poetas ourensanas dos ultimos tempos. Temos novidades en canto a música, posto que nos chegaron varios discos de "Edicións do Cumio - Merza, un século de certames, A música de Merza-Solistas, V I Concurso de Gaiteiros Manuel de Villanueva", de "Aira da Pedra" e da "Banda de Gaitas CASTRO BERGIDUM".  Establecemos a nosa pr