O día 10 de MAIO emitiuse pola RTVG no programa "O País máis Grande do mundo" unha reportaxe relacionada co noso programa "SEMPRENGALICIA", aquí tedes o link para poder visionalo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/en-polonia-en-barcelona-e-madrid-e-no-buque-hospital-juan-de-la-cosa ,dende 1:05:41 ata o momento 1:15:16. Comezamos o programa de hoxe con xente "convidada" nos estudos, a quen lles agradecemos a súa presencia, e para recibilos escoitamos primeiro unha peza de música galega. Dámoslle a benvida a OLIVER FERNÁNDEZ , Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro e a PAULO, que nos acompañan. Fálanos da celebración do "36 Aniversario da ASOCIACIÓN" así como da Festa Galega en Can Mercader, que se realizará os vindeiros días 27, 28 e 29 deste mesmo mes de maio. Tamén comentamos a celebración, na sé da Entidade, da Conferencia sobre as Letras Galegas e Filandón, a cargo de Alfredo González Vilela , así como a presentación do libro : A Virxe do
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas