Comezamos un programa máis coa nosa sintonía de sempre e, despois das salutaciones oportunas, ofrecémoslle unha peza de música que estrenamos con todos vosoutros. Titúlase "Fonte de Amor", con Budiño e as De Vacas. Esta música serviranos para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte ÓSCAR REY CALO , que nos fai a súa crónica semanal co resumo das noticias que se poden ampliar con amplitude na páxina quepasanacosta.gal . Tamén nos recorda que este programa reemitese o domingo a partir das 10 horas en Radio Roncudo e Radio Neria. Agradecémoslle a súa colaboración. Instituto IEI Eligio Suevos O seguinte convidado é don ELIGIO SUEVOS , da Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida , que nos fala da Festa Major daquela cidade, na que participan moi activamente cada ano e nesta ocasión, concretamente o día 13 de maio terán a actuación da " Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ". Ademais de convidarnos a disfrutar desta grande evento, tamén nos indican
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas